derivar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Verbo transitivo

derivar

  1. Cambiar a dirección ou o curso dunha cousa.
    • Exemplo: Derivaron as augas do río cara ás canles de rego

      . desviar
  2. (Lingüística) Crear unha nova palabra a partir doutra, por medio de afixos.
    • 'Exemplo: Inventou a palabra 'morceguexar' (andar pola noite dun lado a outro sen parar) derivándoa de 'morcego

      .
  3. (Matemáticas) Obter a función derivada doutra función matemática.
    • Exemplo: Imos ver os pasos necesarios para derivar unha función

      .

Observacións

Verbo intransitivo

derivar

  1. Tomar unha nova dirección.
    • Exemplo: A conversa derivou cara a asuntos comprometedores. A cen metros de aquí a estrada deriva á esquerda nun ramal que conduce ao castelo

      .
  2. Desviarse da súa dirección.
    • Exemplo: O proxectil derivou máis do esperado e errou o albo

      .
  3. Ir á deriva (un barco, un avión), pola acción do vento, dunha corrente, etc.
    • Exemplo: Ao quedar sen leme, o navío derivou até que encallou nuns baixos

      .
  4. Ter a súa orixe nunha cousa.
    • Exemplo: O galego deriva do latín. Todos os seus problemas derivan do alcohol.

  5. Ser (unha palabra) o resultado de aplicar afixos a outra.
    • Exemplo: Fouciño deriva de fouce

      .