Saltar ao contido

cabala

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cabala».
Cabala
  • Pronuncia: /ka.ˈβa.la̯/ (AFI)

Substantivo feminino

cabala
(sg: cabala; pl: cabalas)

  1. (Ictioloxía) e (Alimentación) Peixe mariño, de nome científico Scomber scombrus, da familia dos Scombridae, de corpo fusiforme, alongado e relativamente estreito, de cor azul verdosa escura no lombo, con numerosas barras ou liñas sinuosas verticais mouras que non superan a liña lateral; e de cor branca prateada no ventre, sen marcas; parte superior da cabeza tirando a negra; as escamas son diminutas, case inapreciábeis; a cabeza é afiada, coa boca e os ollos relativamente grandes; pode acadar os 60 cm de lonxitude e un peso de até 3,4 kg, pero normalmente mide entre 25 e 45 cm, con pesos duns 250 a 500 g.

Sinónimos

correolo, escombro, rincha, , rinchón, verdel, xarda

Traducións