Saltar ao contido

mouro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Mouros no norte de África. Fotografía da revista National Geographic. (Gypsies and Moors in Northern Africa).
  • Pronuncia: /'mɔu.ɾo̯/ (AFI)

Adxectivo

mouro
(ms: mouro; mpl: mouros; fs: moura; fpl: mouras)

  1. Que é de cor escura.
    • Exemplo: A linda pel moura da rapaza.

      .
  2. Dise da persoa que é natural do nordeste de África.
    • Exemplo: Actualmente están a chegar moitos mouros a Canarias.

      .
  3. Dise das persoas musulmás que viviron na península Ibérica desde o século VIII até o XV.
    • Exemplo: En España chámase 'A Reconquista' á serie de loitas dos reinos cristiáns contra os mouros.

  4. Pertenecente ou relativo á España musulmá.
    • Exemplo: En España hai numerosos restos da cultura moura, desde a arquitectura até os idiomas (castelán e galego) e a toponimia.

  5. Dise da persoa musulmá de Mindanao e doutras illas de Filipinas.
    • Exemplo: En Minanao viven máis de vinte millóns de mouros.

  6. (Relixión) Que profesa a relixión islámica.
    • Exemplo: En Arteixo hai unha importante comunidade moura.

      .

Substantivo

mouro
(ms: mouro; mpl: mouros; fs: moura; fpl: mouras)

  1. Persoa natural do norte de África.
    • Exemplo: Nos últimos anos chegaron a España moitos emigrantes mouros.

  2. Persoa que habitou en España desde o século VIII ata o século XV.
    • Exemplo: O último rei mouro de Granada foi Boabdil.

      .
  3. Persoa que profesa a relixión musulmá.
    • Exemplo: As comunidades mouras do noso país teñen como guía espiritual ao seu imán.

      .

Termos relacionados

danza de mouros e cristiáns, Garda Moura, herba moura

Véxase tamén

agareno, árabe, islamita, islámico, mahometano, moreno, mouro (mitoloxía), musulmán, sarraceno