bravo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈbra.vo/ (AFI)

Adxectivo

bravo

  1. Animal que vive en liberdade, sen domesticar.
    • {{exemplo|Unha besta brava.
  2. Animal doméstico que é difícil de manexar.
    • Exemplo: Non te arrimes e esta vaca, que é moi brava.

  3. Persoa que é violenta, de mal carácter.
    • Exemplo: O pai échevos moi bravo.

  4. Planta que nace espontaneamente.
    • Exemplo: Trouxo da fraga unhas pereiras bravas.

  5. Que resulta desagradable ao tacto, ao gusto, etc.
    • Exemplo: A augardente estaba un pouco brava. As toallas están bravas.

  6. Mar con ondas, moi axitado.
    • Exemplo: Non se puido bañar porque estaba o mar moi bravo.

  7. Terra de mala calidade, sen cultivar ou difícil de traballar.
    • {{exemplo|É un terreo bravo, só se dá o toxo.
  8. Que non teme o perigo.
    • Exemplo: Un bravo soldado.

  9. Cheiro característico do animal de monte ou do macho sen castrar.
    • Exemplo: Cheira a bravo.

  10. Cheiro e sabor da carne dos animais de monte ou do macho sen castrar.
    • Exemplo: A carne deste porco sabe ao bravo.

  11. Exclamación de agrado ou entusiasmo.
    • Exemplo: Bravo!, así se fai!

Termos relacionados

á brava, a bravo, gando bravo, ganso bravo, gato bravo, faneca brava, piñeiro bravo, pomba brava, porco bravo, tempo bravo