faneca brava
Aparencia
Galego
faneca brava
- (Ictioloxía) A faneca brava (Echiichthys vipera) é unha especie de peixe da orde dos perciformes, familia dos traquínidos pertencente ao xénero Echiichthys. De pequeno tamaño (de 15 a 18 cm), corpo alongado e comprimido lateralmente, cor gris amarelada no dorso, con pintas castañas, máis clara nos costados e abrancazada no ventre, e con dúas aletas dorsais, a primeira negra, con raios espiñentos con glándulas velenosas na base. Atópase normalmente nos fondos mariños de mares abertos, achegados á beiramar. As fanecas bravas poden picar aos bañistas se son molestadas, especialmente na baixamar, e tamén aos pescadores cando limpan as súas redes.