Saltar ao contido

abortar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /a.βoɾˈtaɾ/ (AFI)

Verbo intransitivo

abortar

  1. (Obstetricia) Parir un embrión ou un feto antes do tempo de xestación normal que o faga apto para vivir.
    • Exemplo: Como consecuencia da caída, abortou.

  2. (Obstetricia) Practicar ou sufrir un aborto.
    • Exemplo: Ante o perigo que supoñía seguir co embarazo, foi á clínica a abortar.

  3. (Botánica) Desenvolverse parcial ou defectuosamente un órgano sen que chegue a ser funcional.
    • Exemplo: Debido ás inclemencias do tempo, abortaron todos os froitos.

  4. (Medicina) Por extensión, desaparecer unha enfermidade ao seu comezo, ou antes do seu termo natural.
    • Exemplo: O médico déralle unha baixa por tres meses, pero aos quince días xa estaba traballando porque, sorprendentemente, a enfermidade abortou.

  5. (Figurado) Non chegar algo ao seu pleno desenvolvemento.
    • Exemplo: Finalmente, o golpe de estado abortou.

    • Sinónimos: frustrarse.
  6. (Figurado) Non acadar o éxito.
    • Exemplo: A súa inconstancia fixo que abortasen todos os seus proxectos.

Verbo transitivo

  1. (Figurado) Impedir o éxito de algo.
    • Exemplo: As forzas de seguridade abortaron a concentración dos disidentes.

    • Sinónimos: frustrar.

Conxugación


Traducións