pleno

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈple.no/ (AFI)

Adxectivo

pleno (ms: pleno; mpl: plenos; fs: plena; fpl: plenas)

  1. Completo, cheo.
    • Exemplo: É un home pleno de vida, pleno de vitalidade.

  2. Que chegou ao grao máis alto da súa evolución.
    • Exemplo: Chegou á súa plena madurez

      .
  3. Que non admite ningunha restrición nin excepción.
    • Exemplo: Déronlle plenos poderes para resolver o asunto.

Substantivo masculino

pleno (sg: pleno; pl: plenos)

  1. Reunión de todos os membros, ou xunta xeral, dunha corporación, dun organismo ou dunha cámara lexislativa.
    • Exemplo: Hoxe hai un pleno do Congreso dos Deputados.

  2. Nos xogos de azar, acertar todos os resultados.
    • Exemplo: Logrou un pleno na quiniela.

Termos relacionados

de pleno, dedicación plena, dominio pleno, en pleno, verbo pleno, vogal plena