aborto

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar á navegación Saltar á procura

Galego

  • Pronuncia: /aˈβoɾ.to̝/ (AFI)

Substantivo masculino

aborto (sg: aborto; pl: abortos)

  1. (Obstetricia) Expulsión natural ou provocada do embrión ou do feto antes de que sexa viábel.
    • Exemplo: Pariu tres fillos e tivo dous abortos.
    • Sinónimos: abortamento.
  2. (Obstetricia) Embrión ou feto abortado.
    • Exemplo: No laboratorio había un andel cheo de frascos con abortos.
  3. (Botánica) Vexetal, ou parte do mesmo, que non acadou o seu total desenvolvemento.
  4. (Medicina) Por extensión, detención prematura do curso dunha enfermidade.
  5. (Figurado) Persoa ou cousa moi fea ou desproporcionada.

Termos relacionados

Observacións

A expresión aborto involuntario, sinónima de aborto espontáneo, úsase especialmente en contraposición a aborto voluntario, máis que a aborto inducido ou aborto provocado, que serían, máis ben, expresións contrarias a aborto espontáneo.

Traducións