concello
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Galego
Pronuncia: /konˈθeʎo̝/ (AFI)
Homófonos: consello (en falas con seseo).
Substantivo masculino
concello (sg: concello; pl: concellos)
- Corporación formada polo alcalde e mailos concelleiros que ten ao seu cargo a administración dun municipio.
- Sinónimos: cabido.
- Territorio baixo a xurisdición do concello (corporación).
- Sinónimos: municipio.
- Institución presente nalgunhas parroquias rurais con certa autonomía con respecto ao concello (territorio) cuxo órgano de decisión é a asemblea dos cabezas de familia.