Conversa usuaria:Elvire
Nova secciónOutros usuarios:
Albert galiza |
Mellorei carón, espero que che sirvan de algo. Quítoche os modelos da túa páxina porque senón categorizan a túa páxina nesas linguas. Sobreira (parlez) 23:11, 7 xaneiro 2008 (UTC)
- sobre engins de pêche Sobreira (parlez) 23:34, 7 xaneiro 2008 (UTC)
Arquivo 1 : xaneiro 2008 à decembro 2010
Modelo de artigo
[editar]Ola Elvire. Alégrome de verte por aquí. Como ves, cambiamos algo o modelo de artigo para facelo máis funcional e homoxéneo. Velaquí o modelo de artigo básico:
{{-fr-}}
{{etim|do {{orixe|la|fr}} ''{{la|étimo}}'' («{{gl|tradución do étimo ó galego}}»).|fr}}
{{pronuncia||fr}}
{{son|||fr}}
{{-substm-|fr}}
'''{{PAGENAME}}''' {{varn|raí|z|ces}}
# {{Gl|primeira}} {{gl|definición}}.
#*{{exemplo|Exemplo de uso da <u>palabra</u>.}}
#*{{sin|{{fr|sinónimo}}.}}
# ({{sem|Campo semántico|fr}}) {{Gl|segunda}} {{gl|definición}}.
#*{{relac|{{fr|relacionado}}.}}
Os modelos {{etim||fr}}, {{pronuncia||fr}} e {{son|||fr}} úsanse sempre (ocúltanse sós cando están baleiros). Cando haxa palabras homófonas poñemos o modelo {{homofonos||fr}} entre {{pronuncia||fr}} e {{son|||fr}} (como, por exemplo en foie).
Os modelos {{sin|}}, {{relac|}}, {{obs|}},... son para intercalar entre as definicións, pero podemos seguir usando {{-sin-}}, {{-relac-}}, {{-obs-}},... a continuación de todas as definicións como faciamos antes, segundo conveña.
Para calquera dúbida xa sabes a onde acudir. Estás na túa casa ;) [ Furagaitas * ] 01:52, 18 de marzo de 2011 (UTC)
Cabeceiras
[editar]Boas Elvire. Ultimamente estou completando aquelas entradas ás que lles falta a cabeceira de categoría gramatical. Se queres e podes agradecería algo de axuda, en especial coas do francés, que vou listando aquí. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 14:58, 20 de xuño de 2011 (UTC)
Ola Elvire. Tanto o dicionario da RAE como o da RAG recoñecen como locucións plato hondo / prato fondo. Non coñezo o caso francés, pero realmente ¿non podería considerarse locución assiette creuse? Ademais, vexo que no Wiktionnaire, na entrada assiette hai unha ligazón cara un artigo (inexistente) con este nome. ¿Ti que dis?. [ Furagaitas * ] 05:50, 1 de agosto de 2011 (UTC)
- Non coñezo o caso francés, pero coido que tanto no galego como no castelán, aínda que a locución prato fondo / plato hondo pode ser entendida polo significado dos seus compoñentes, é esa forma e non outra a de denominar ese concepto, e polo tanto merecedor dunha entrada de seu. É o meu xeito de velo.
- Sobre o que me comentas sobre Interwicket, a perda de colaboradores é efectivamente unha má noticia para o Galizionario; afortunadamente aínda contamos con bots como Luckas-bot ou JAnDbot coa mesma función.
- En canto ó do formato, creo que levamos feito un gran traballo co que solucionamos vellas carencias e novas realidades. Aínda así, penso que aínda quedan por facer importantes cambios.
- A lista que che dei de entradas sen cabeceira está moi incompleta. Intentarei ila actualizando en Usuario:Furagaitas/trapallada#...de categoría gramatical (a ligazón á categoría lista as entradas desde onde detiven a busca).
- Un saúdo Elvire. Grazas polo teu traballo. Entre todos facemos o Galizionario máis forte. [ Furagaitas * ] 16:32, 18 de agosto de 2011 (UTC)
Grazas :)
[editar]A ver se lle imos sacando partido. E por se segues coa dúbida do que significa: Shyde ;) (é a forma incorrecta que empregan nun videoxogo que trazudo) ─ GallaecioE logo? 06:12, 25 de agosto de 2011 (UTC)
Espazo entre cabeceiras
[editar]Ola Elvire. Ultimamente estás deixando un espazo entre o modelo {{son}} e a cabeceira de categoría gramatical. Penso que a visualización final non é moi agradable, polo que quizá sexa preferible non deixar ese espazo. Que che parece? [ Furagaitas * ] 20:51, 15 de setembro de 2011 (UTC)
Sysop
[editar]Ola Elvire. Por favor, bótalle un ollo a isto e mais a isto. [ Furagaitas * ] 16:09, 15 de outubro de 2011 (UTC)
Salut. Cette nuit, plein de pages ont été ajoutées aux demandes de suppression par Shyde, le bot de Gallaecio. Ce qui est étonnant est que ces catégories ne sont même pas vides, donc à priori pas inutiles pour moi. Tu trouveras un exemple ici, à mon avis c'est une erreur de bot.
Je te souhaite une agréable journée. -- Quentinv57 10:29, 31 de outubro de 2011 (UTC)
- Ola Elvire. A categoría Wiktionary:Entradas_en_bretón_sen_transcrición_fonolóxica estaba incorrectamente marcada para borrar. Xa está solucionado. Todas as categorías que comecen por "Categoría:Wiktionary:Páxinas en" deben ser borradas. Grazas por facer de mediadora ;) Un saúdo. [ Furagaitas * ] 12:39, 31 de outubro de 2011 (UTC)
- Meu deus, non hai xeito de que non se escape algo. Pero non entendo como puido pasar. Coas expresións regulares é normal que se escape algunha, pero neste caso o bot:
- Collía unha subcategoría de Páxinas sen …,
- substituía no seu contido «Páxinas» por «Entradas»,
- creaba unha categoría con ese contido modificado e cuxo título era unha modificación idéntica do título da categoría orixinal, e
- substituía o contido da categoría orixinal pola marca para borrar.
- En fin, menos mal que só foi unha :$. Un saúdo! ─ GallaecioE logo? 20:29, 31 de outubro de 2011 (UTC)
- Meu deus, non hai xeito de que non se escape algo. Pero non entendo como puido pasar. Coas expresións regulares é normal que se escape algunha, pero neste caso o bot:
Re: son
[editar]Estaría ben reflexar o que realmente se pronuncia no ficheiro de son, aínda que non o considero unha prioridade. O modelo {{son}} está deseñado para amosar por defecto o nome da entrada ({{son|||fr}} é equivalente a {{son|fr-{{PAGENAME}}.ogg|{{PAGENAME}}|fr}}). Como saberás, para amosar un texto diferente hai que poñelo como segundo parámetro. Saúdos. [ Furagaitas * ] 20:02, 1 de novembro de 2011 (UTC)
- Quizá non sexa moi conveniente incluír nas entradas en inglés os sons correspondentes ó Reino Unido se estes non existen, xa que as entradas quedarán (se existen os sons dos EUA) incorrectamente categorizados en Categoría:Wiktionary:Entradas en inglés sen son. [ Furagaitas * ] 01:39, 7 de novembro de 2011 (UTC)
- Non entendo a diferenza entre o caso francés e o inglés. ¿É máis importante recoller ambas pronuncias inglesa e estadounidense cá de París vs Montreal, ou Madrid vs Bos Aires, O Porto vs São Paulo, etc? ¿Por que non recoller tamén a realización australiana, ou a surafricana? ¿Por que non son grandes potencias? Penso que estás usando un criterio subxectivo. Non é lóxico que unha entrada estea categorizada á vez en Entradas con son e en Entradas sen son. Non nego que con dous sons (ou con vinte) unha entrada estea máis completa, pero daí a marcala como entrada incompleta... [ Furagaitas * ] 23:56, 7 de novembro de 2011 (UTC)
Votacións e administradores
[editar]- Ola, Elvire. Grazas pola confianza. Estou moi inactivo no Galizionario e non se debe a problemas persoais, ás veces pensei en deixar de ser administrador porque colaboro moi pouco (creo que é un pouco por galbana ou preguiza). Esperemos que me espreguice un pouco e faga tan sequera unha edición semanal ou polo menos ao mes. Parécesme moi útil e colaboradora no proxecto. Saúdos e seguimos en contacto. --Xoán Carlos Fraga 09:41, 7 de novembro de 2011 (UTC)
- Grazas Elvire pola confianza. Pois eu teño pensado seguir completando entradas sen definición (que non me gustan nada) e ir engadindo algunha entrada nova (crecer aos poucos). Non me sinto presionado de ningunha maneira porque entendo que o proxecto ten como unha das facetas a diversión, entretemento ou aprendizaxe (aínda que ningunha das 3 palabras é o mesmo). É un pracer ver a túa presenza para ordenar ou mellorar algunhas entradas e tamén ideas como o de reorganizar un pouco o dos administradores (paréceme do máis correcto, hai que actualizarse e centrarse). Saúde, Elvire. --Xoán Carlos Fraga 00:12, 19 de novembro de 2011 (UTC)
- Grazas polo teu traballo e a túa confianza Elvire. [ Furagaitas * ] 15:17, 19 de novembro de 2011 (UTC)
- Grazas por todo, e agora a seguir! :) — GallaecioE logo? 10:49, 20 de novembro de 2011 (UTC)
pubertade, puberdade
[editar]Boas. Claro que si, aproveita! Non tiña claro cal era a forma correcta, así que tiven que consultalo. O dicionario da RAG (do 1997?) recolle pubertade, mentres que o VOLGa (do 2004?) recolle puberdade. Dá a impresión de que houbo un cambio de criterio na normativa, polo que a forma correcta é a segunda. [ Furagaitas * ] 12:45, 11 de novembro de 2011 (UTC)
Subpáxinas
[editar]Ola Elvire. Creo que che sobran tres das catro subpáxinas que creaches. As "common..." son redundantes, xa que as de MediaWiki xa se cargan por defecto para todos. A "vector.js" recolle código css, copia do contido de "vector.css", que é en definitiva a única que tería xustificación. De todas formas, simplemente é unha páxina de probas, cando se aprobe na Taberna pasareino a "MediaWiki:Common.css". Un saúdo. [ Furagaitas * ] 18:00, 23 de novembro de 2011 (UTC)
Salut !
[editar]Merci pour l'encouragement ! Je passe juste te demander quel est ta page de discussion principale ? C'est celle-ci ou celle sur wikipédia (gl) ? Pour que je puisse t'embêter en vue d'une future coopération ;-) . Vive la Rosière 03:29, 7 de xaneiro de 2012 (UTC)
formato con caprichos
[editar]Xa está. Velaquí os cambios. O que non entendas, ou creas que se pode mellorar, ti fala. Por certo, penso que o código que debes pór para asinar é: [[Usuaria:Elvire|Elvira]] ([[Conversa Usuaria:Elvire|fálame]]). Un saúdo. [ Furagaitas * ] 22:03, 9 de xaneiro de 2012 (UTC)
Estaba a piques de facer unha captura de pantalla para amosarche que o atopara nun dicionario de galego en liña, e desculparme por non contrastar a información, pero resulta que o dicionario está ben, enganeime eu soíño. Non sei por que, lin «decible» en vez de «dicible» para o castelán (o dicionario traía varias traducións), e como en francés era a mesma tradución que en castelán, tamén lin «decible» en francés. Pero non, ambas as traducións son «dicible», acabo de corrixilo. Moitas gracias polo aviso! Un saúdo. — GallaecioE logo? 08:40, 22 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Por certo, dende hai uns meses sonche un cabaleiro das chairas ilicitanas ;) — GallaecioE logo? 08:45, 22 de xaneiro de 2012 (UTC)
desafiuzar
[editar]Boas: A verdade é que o principal motivo polo que non colaboro máis é precisamente o complicado que me resulta. Boto de menos un formulario de entrada/alta de termos. Iso simplificaría moito, a colaboración. De feito hai termos que non poño aquí a si no meu blogue simplemente porque me resulta máis doado. Neste caso copiei do meu blogue. A entrada non a copiei de dicionario algún. Tal como é a norma do galizionario. Saúdos e grazas pola túa labor. (mensaxe editada pola IP 81.38.195.46 (14:35, 20 de febreiro de 2012) sen sinatura e que supoño ser o usuario:Damufo) --Elvira (fálame) 14:56, 20 de febreiro de 2012 (UTC) Boas: Aquí de novo, desculpa que non asinara antes, hai tanto tempo que non escribía na wiki que non me lembrei. Grazas pola túa axuda, terei en conta, para posteriores insercións o formato que me indicas. Se ves que erro en algo non dubides en indicarmo. Grazas. damufo 15:09, 20 de febreiro de 2012 (UTC)
Questão
[editar]Olá Elvire, por favor, descupai-me pelo fato de eu estar a usar o portugués aqui, contudo se for possível compreender o que expresso, peço que me aclare uma coisa, como se aborda (se é que é abordável) aqui no Galizionario a questão do Acordo ortográfico de 1990 da língua portuguesa (AO 1990)? Aqui tal acordo ortográfico é/será/deveria ser aplicado?
Grato.
--O ec (conversa) 10:35, 11 de marzo de 2012 (UTC)
- En ambiente hai formas compostas coas súas definicións (Locucións). Entendo que esas locucións deberían ir nun artigo de seu e simplemente ligadas dende ambiente, e non definidas aí.
- Con respecto a espantar, tes toda a razón do mundo. A miña intención cando a marquei para completar era a de completala de seguida, pero entretívenme con outra cousa e ao final fóiseme. Cando lin esta mañá o teu comentario fun completala, pero adiantácheste. Perdoa as molestias, en serio :(. — GallaecioE logo? 06:28, 2 de abril de 2012 (UTC)
Non te preocupes polo reto. Non o vamos conseguir! Canto antes o aceptemos, mellor :) Cada un que faga o que poida e queira. Eu persoalmente empecei con moitas ganas, pero funo deixando. Creo que o mesmo lle pasou a Furagaitas. O importante é que. como dis, as páxinas por completar vaian baixando. E iso si que o estamos conseguindo, a modo, pero sen pausa. Un saúdo! — GallaecioE logo? 20:45, 2 de abril de 2012 (UTC)
Grazas
[editar]Grazas polos teus ánimos, pola túa confianza, e pola túa compaña. Ata sempre. [ Furagaitas * ] 17 de xuño de 2013 ás 09:10 (UTC)