Conversa usuario:Elisardojm
Nova secciónBenvida
[editar]Boas Elisardojm, benvido ó Galizionario. Como sei que vés de traballar noutros proxectos da Wikimedia escuso explicarche as normas básicas. Simplemente ofrézome para aclararche as dúbidas que poidas ter.
Andei a mirar as túas primeiras edicións e tiven que facer algúns cambios, xa que traían o formato que lle dan no Wiktionary en castelán, ademais de definicións superfluas. Un conselliño: dos interwikis encárgase un bot e, a diferenza da Wikipedia, nos wiktionaries ligan con páxinas homónimas doutros proxectos (e non con traducións).
Máis nada. Que teñas unha boa estadía, e grazas por colaborar connosco. Un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 06:37, 17 de outubro de 2010 (UTC)
- Vexo que lle vas collendo o tranganillo; noraboa! :). Por certo, vin que presentaches unha petición de aprobación de bot na Galipedia. ¿Interesaríache usalo tamén no Galizionario? En principio trataríase de reemplazar cadeas de texto... [ Furagaitas * ] 16:31, 18 de outubro de 2010 (UTC)
- Ti tranquilo, pregunta o que che faga falta, para iso estamos. Pero non me chames dono do Galizionario, prefiro usuario experimentado. Punto por punto:
- tapabocas: pois si, unha opción sería copiar o contido de bufanda (sempre que realmente sexan sinónimos; eu, á verdade, non coñecía esta palabra).
- Peza vs. Peza: a primeira visualiza o texto con inicial maiúscula, pero realmente liga con peza#Galego. A segunda visualiza o mesmo co que liga, e non hai ningunha palabra Peza con maiúscula no Galizionario (os Wiktionaries, a diferenza das Wikipedias, distinguen entre iniciais maiúsculas e minúsculas, e así, non é o mesmo carballo que Carballo).
- Non, non hai ningunha páxina polo momento para pedir definicións. As entradas que se crean sen definición pónselles a etiqueta {{completar}}, pero desde o meu punto de vista houbo algún día un uso abusivo do modelo, e chegamos a ter máis de 7.000 entradas sen definición (hoxe andamos polas 5.500).
- Si, o Galizionario é un dicionario multilingüe (por iso fan falta cabeceiras de lingua). Porén, as definicións e listas de traducións van sempre nas entradas galegas. Nun primeiro momento practicamente só tiñamos palabras en galego e en castelán, polo que aínda non estamos plenamente adaptados a esta realidade.
- Como ben dis, hai que ter tino á hora de adaptar artigos do es.wikt ó Galizionario. Non todas as acepcións son compartidas polas dúas linguas. Pero hai que recoñecer que nos aforran moito traballo :)
- Sobre o bot: espero que ti saibas mellor que min como funciona :). Teño en mente varias tarefas nas que un bot nos aforraría moito traballo. Penso que a maior parte serían facilmente programables (por exemplo: cambiar {{sem|Filosofía en francés}} por {{sem|Filosofía|fr}}). Se estás interesado, nos próximos días explícoche algo máis. As peticións de aprobación fanse aquí.
- Un saúdo. [ Furagaitas * ] 15:30, 19 de outubro de 2010 (UTC)
- Ti tranquilo, pregunta o que che faga falta, para iso estamos. Pero non me chames dono do Galizionario, prefiro usuario experimentado. Punto por punto:
Como diría Jack...:
- Polo de tapabocas: vale.
- Eu xa hai tempo que estou consagrado á revisión e actualización de artigos xa existentes. Os artigos que creo son normalmente sinxelos. Polo tanto, aínda que se crease unha páxina para pedir definicións non creo que lle fixese moito caso; penso que coas entradas marcadas para completar temos de sobra. De todas formas, Gallaecio crea bastantes artigos novos; igual lle gusta a idea.
- Entradas en galego temos máis de 15.000, contando tanto léxico común (substantivos, pronomes, verbos,...) como nomes propios (topónimos, antropónimos, nomes de corpos celestes,...). Así é como funcionan os Wiktionaries. De feito, o Galizionario aínda é máis restritivo que outros wiktionaries, xa que non admite formas flexionadas (salvo desambiguacións ou casos especiais).
- Estou impaciente por ver funcionar o bot :)
Un saúdo. [ Furagaitas * ] 15:20, 20 de outubro de 2010 (UTC)
Corribot
[editar]Alégrome de que esteas preparado. Antes de comezar a votación debes facer algunha edición con Corribot para que vexamos que o resultado é o esperado. Podes, por exemplo, facer a substitución que che comentei. [ Furagaitas * ] 21:52, 21 de outubro de 2010 (UTC)
- Normalmente faciamos así: un bot chegaba, facía algunha edición, presentaba a petición, e se criamos suficientemente demostrado que podía acadar o status, comenzabamos a votación. Cando queiras! Despois xa che direi por onde podes continuar. :) Abur! [ Furagaitas * ] 23:00, 21 de outubro de 2010 (UTC)
- Moi ben. Pola miña parte tes a aprobación. Agora terás que esperar a opinión dos demais. Podes ter que facer algunha proba máis para convencelos...
- Polo que vin, Gallaecio tamén ten agora un bot, polo que deixarei na Taberna as tarefas que crea necesarias para que repartades o traballo.
- Un saúdo. [ Furagaitas * ] 01:45, 25 de outubro de 2010 (UTC)
- Si, para os modelos uso o
-transclude
(vamos, que é o que utilicei para o {{sin}}). Curiosamente, se ben o usei co {{sin}}, logo durante as probas para a substitución do {{sem}} deume por utilizar o-subcat
, non teño moi claro por que. Non coñecía o-start
, hame resultar útil para algunhas ocasións :) ─ GallaecioE logo? 08:19, 25 de outubro de 2010 (UTC)
- Si, para os modelos uso o
Esquema de artigo
[editar]A ver se che vale isto. Non están todos todos, pero si os máis importantes. [ Furagaitas * ] 10:14, 25 de outubro de 2010 (UTC)
- Que eu recorde non temos un esquema como o que ti pides. O libro de estilo aínda está moi verde. Este día fíxenlle a Xoio unha chuleta. A ver se che podo facer unha versión ampliada mañá ou pasadomañá. [ Furagaitas * ] 00:09, 26 de outubro de 2010 (UTC)
- Está bastante ben, aínda que faltan algunhas cousas. Aquí tes unha versión extendida. Faltan as explicacións. [ Furagaitas * ] 00:06, 27 de outubro de 2010 (UTC)
- O modelo {{lema}} úsase cando dentro dun idioma hai varias entradas cunha mesma forma gráfica pero con diferentes etimoloxías (homógrafos). Ponse sempre antes do modelo {{etim}}.
- O modelo {{-audio-}} foi movido a {{son}} e logo modificado para que tomase por defecto o nome do artigo. Polo tanto, {{-audio-}} e {{son}} son o mesmo modelo, pero este último é o nome actual, e o primeiro é unha redirección. Non vexo preciso cambiar todos os {{-audio-}} cun bot, sobre todo porque penso que é un modelo que aínda precisa algún cambio. Por outro lado está o do código de lingua. En Commons identifícanse os arquivos de son dos Wiktionaries poñéndolles o código de lingua ó comezo do nome, polo que non é suficiente que o modelo tome o nome do artigo, tamén precisa o código de lingua.
- A sección Traducións ten que ir sempre que sexa preciso. Olla que as cabeceiras de categoría gramatical (substantivo, adxectivo,...) son de nivel 3, mentres que a cabeceira {{-trad-}} é de nivel 4 (polo tanto está subordinada a unha categoría gramatical). Téñense feito probas para poñer as traducións a continuación de cada definición, pero polo momento esa idea está aparcada. Non hai un consenso á hora de facer referencia ás acepcións dentro dos traducións (normalmente faise poñendo o número de acepción entre parénteses), pero en pouco tempo espero que poidamos contar cun cadro despregable bonito que nos quite dese limbo.
- Na sección Véxase tamén recóllense aquelas ligazóns que non son meras entradas. Poden ser a apéndices do Galizionario, a páxinas da Galipedia, etc. O modelo {{Galipedia}} é semellante ó {{-glref-}}. [ Furagaitas * ] 10:58, 27 de outubro de 2010 (UTC)
- Por certo: os compostos normalmente van nos Termos relacionados. [ Furagaitas * ] 10:59, 27 de outubro de 2010 (UTC)
Mira os cambios. O que non entendas explícocho sen problema. [ Furagaitas * ] 13:12, 27 de outubro de 2010 (UTC)
- O modelo {{son}}, se vai sen parámetros, tomará como nome de ficheiro o do artigo ({{PAGENAME}}) e engádelle a extensión dos ficheiros de son (.ogg). Se queremos meterlle outro nome de artigo debemos poñerlle o nome e a extensión (esqueceume pórlle a extensión en "cine"). Se queres saber como o modelo se mostra ou se agocha en función da existencia ou non do ficheiro non tes máis que mirarlle as tripas ou preguntarllo a Gallaecio, que foi quen o modificou.
- {{Mai}} serve para crear ligazóns que comecen por maiúscula pero liguen con artigos que comecen por minúscula (para usar, por exemplo, no comezo das definicións). Se queremos que dentro dun artigo busque unha cabeceira de lingua concreta engadímoslle o código de lingua (p. ex.: {{Gl|xxxxx}}) ou empregamos os modelos de lingua con inicial maiúscula ({{Gl}}, {{Es}}, {{Fr}},...). É preferible usar esta última opción, de recente creación, posto que é máis intuitiva e abreviada. Ten en conta que tamén existen os modelos de lingua con inicial minúscula, e que polo de agora só están creados os máis importantes, tanto de uns como de outros.
- O tempo dirá a sorte que correrán os modelos de exemplos e sinónimos, pero a idea é que se empreguen todos, segundo conveña. Se os sinónimos/exemplos son comúns para todas as definicións usaráse {{-sin-}}/{{-exemplo-}}, e se non {{sin}}/{{exemplo}}.
- Espero terte quitado de dúbidas. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 16:56, 28 de outubro de 2010 (UTC)
- O do modelo {{son}} gústame máis así, aínda que xa supoñía, antes de facermos os cambios, que tería detractores. De todas formas, non creo que apareza moita xente con ánimo de subir arquivos de son á primeira de cambio.
- En Usuario:Furagaitas/trapallada#Para_bot puxen algunha tarefa para bots. Supoño que Gallaecio traballará bastante con esa lista, polo que se colles algunha tarefa igual sería ben que te puxeses en contacto con el.
- E xa sei que na Páxina Principal aparecen moitas ligazóns vermellas. Existen páxinas específicas para completar os Wiktionary:Proxecto de Portada/Sabías que e Wiktionary:Proxecto de Portada/A palabra do día, e a mesma Páxina Principal.
- Un saúdo. [ Furagaitas * ] 16:57, 8 de novembro de 2010 (UTC)
Palabra do día
[editar]En principio está bastante ben. Se te animas a seguir creando palabras do día iremos eliminando ligazóns vermellas da Páxina Principal. Estaría ben que as palabras tivesen algo que ver (aínda que sexa remotamente) co día en cuestión, pero non é nada fácil. Por exemplo, hai quen propuxo can para o día de San Roque, ou croque para o día de Santiago. [ Furagaitas * ] 12:13, 9 de novembro de 2010 (UTC)
- Non sei se hai maneira de ver as que xa están feitas, pero se non hai deberiamos facer unha lista para non repetilas.
- E se non queres pasar o traballo de crear novas entradas (aínda que sempre está ben) podes usar das xa existentes no Galizionario. Das que están en Wiktionary:Proxecto de Portada/A palabra do día non sei se están todas creadas xa. [ Furagaitas * ] 13:07, 9 de novembro de 2010 (UTC)
- Que va! Só hai unha lista de palabras do día e Sabías queses para tódolos anos. E como podes ver aínda está inacabada. [ Furagaitas * ] 14:20, 9 de novembro de 2010 (UTC)
- Bo traballo. Para non liarse, igual era ben facer unha listaxe por orde alfabética, aínda que só fose nunha páxina persoal. A que comentas do 21 de xaneiro hai que corrixila (as NOMIG non din que unha das dúas sexa preferente) e movela a Sabías que.
- Penso que para dar unha opinión ben formada sobre o das Formas non normativas habería que levar un tempo editando, para ter coñecemento de causa. De todas formas, se non entendes algo pregunta, e se queres participar, adiante. [ Furagaitas * ] 23:52, 10 de novembro de 2010 (UTC)
Ola. Para substituír a lista de Wiktionary:A palabra do día ocórreseme algo como isto. A presentación que propoñías ti pódese poñer en Wiktionary:Proxecto de Portada/A palabra do día/Lista ordeada. ¿Que che parece?
Ademais estiven vendo que varias Palabras do día encaixarían mellor no Sabías que. [ Furagaitas * ] 17:18, 15 de novembro de 2010 (UTC)
- Non lle vexo utilidade ó de ordenar mes a mes. Con iso só nos asegurariamos de que unha palabra non se repita dentro dun mesmo mes.
- Sobre o de chuvia, non vexo motivo para movelo. Se crease eu os que teñen os nomes dos meses, seguramente os puxese o día 1 do mes correspondente (ou incluso o último día do mes anterior), pero unha vez feitos non creo que sexa preciso movelos do seu sitio. Pero se ti o cres, adiante. [ Furagaitas * ] 15:09, 17 de novembro de 2010 (UTC)
«chaleco antibalas»
[editar]Aínda coa existencia evidente de «bala» en galego como proxectil, non sei como vai o dos anti-. Non creo que se lle poida poñer a calquera termo un anti-. E o VOLGa si que recolle outros anti-, como «antisemita». Ante a dúbida, eu son dos de «mellor non facer algo ben que facer algo mal» :) ─ GallaecioE logo? 16:08, 10 de novembro de 2010 (UTC)
- Xa sei que anti- é un prefixo. E sei que «antibalas» forma parte do vocabulario cotián. Pero non me atrevo a metela sen unha fonte que non sexa a miña propia experiencia. O Galicionario non é fonte primaria, así que o que non poda referenciarse, non vale. De todos xeitos, malo será non atopar unha fonte pro-RAG que a teña (para cando teñamos os modelos para meter entradas non normativas pero aceptables). O que pasa é que xa nin me parei a buscar. ─ GallaecioE logo? 15:24, 11 de novembro de 2010 (UTC)
O que queiras! :)
[editar]Eu sonche unha persoa de “lista de tarefas”. Teño unha lista de tarefas (algunhas teñen máis dun ano!) e vou facendo. E cando digo tarefas non me refiro a tarefas do Galicionario, senón de todo un pouco. Que que quero dicir con isto? Pois que a miúdo ando a outras cousas, e aínda que preparase no seu momento a Shyde para facer certas tarefas, á hora de poñelas en práctica hei tardar algo máis probablemente.
Así que che recomendo que cando poidas pór o bot a traballar, collas a lista de Furagaitas e fagas canto poidas. O mellor sería probablemente que collas as tarefas preparadas de Shyde (colle o código) e que as poñas ti en práctica. E cando iso estea feito xa poderemos traballar noutras tarefas. Vamos, que o importante é que as cousas se fagan, non con que bot, e que gustaríame que se tes tempo aproveites as substitucións de Shyde que xa están listas. Que dis? ─ GallaecioE logo? 16:17, 10 de novembro de 2010 (UTC)
Segundo o VOLGa a forma correcta é alzhéimer (con acento). Non che sei se ten plural, e a pronuncia non sei cal será a máis correcta (en galego penso que o normal é pronuncialo como alcéimer ou alséimer) pero ante a dúbida coido que o mellor será non recoller aquelas cousas das que non esteamos seguros. Moi boa idea a de poñela nese día!! [ Furagaitas * ] 13:27, 11 de novembro de 2010 (UTC)
Choio para o bot
[editar]Boas Elisardo. Shyde leva un tempo inactivo, así que se queres pór a Corribot a traballar pódoche indicar as necesidades que temos. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 15:02, 20 de xuño de 2011 (UTC)
Corrector e máis
[editar]Boas! Non te preocupes, para algunhas cousas son algo impaciente, pero non tiña présa ningunha. Con respecto ó do corrector ortográfico, quizá o Galizionario non sexa o proxecto máis adecuado para aplicalo, debido a que traballamos con traducións en moitas linguas. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 16:06, 10 de novembro de 2011 (UTC)
Dicionario etimolóxico
[editar]Ola! Non o coñecía, grazas por compartir a información. Polo que lin na ligazón que achegas, aínda non debe de estar en liña. A páxina é do 2010, polo que, se contaba con apoio económico da SXNL, é posible que fose vítima dos recortes. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 14:21, 31 de agosto de 2012 (UTC)
- Moi agradecido. [ Furagaitas * ] 15:12, 6 de setembro de 2012 (UTC)
- Xa mo imaxinaba. Grazas por todo. [ Furagaitas * ] 08:14, 11 de outubro de 2012 (UTC)
Licenza libre dos dicionarios da USC
[editar]Pois non, non o sabía unha boa nova. Grazas compañeiro! [ Furagaitas * ] 13 de setembro de 2013 ás 21:34 (UTC)
Dicionario de pronuncia
[editar]Ola. Xa coñecía o dicionario de pronuncia, pero moitas grazas por lembrarte de min ;) Sobre o sabías que, paréceme ben, créao se queres; non sabía eu que en galego normativo se dicía así... Un saúdo. [ Furagaitas * ] 18 de setembro de 2015 ás 21:45 (UTC)
Etimoloxía
[editar]Grazas. Non sabía dese dicionario. Hai tempo usábao, pero deixara de ser libre. Tomo nota.
Ultimamente paso pouco polo proxecto, e as veces que paso é para supervisar e facer tarefas de administrador; aínda así, vexo que segue medrando na miña ausencia. Afortunadamente. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 27 de abril de 2016 ás 21:03 (UTC)
Lista de artigos
[editar]Boas. ¿Ti saberás como crear unha lista de todas as entradas do Galizionario (no espazo principal, sen redireccións)? Intenteino co AutoWikiBrowser pero sáenme unhas 600 menos das que en teoría ten o Galizionario. Graciñas. Un Saúdo. [ Furagaitas * ] 9 de maio de 2020 ás 21:32 (UTC)
- Furagaitas, o mellor sería atopar unhas categorías que teñan o maior número de artigos posibles, seleccionar que colla as subcategorías e logo de xerar, marcar a opción de eliminar os duplicados. Dime algunhas das categorías que teñan moitos artigos e probo eu. Tamén se podería facer a través dos modelos, se hai algúns modelos que se usen en moitos artigos tamén valería. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de maio de 2020 ás 23:13 (UTC)
- Era como estaba facendo. Despois de escribirche conseguín listar todas menos dúas. Cóntoche como fixen: usei os modelos {{-lingua-}}, {{-nc-}}, {{-pluri-}} e {{-conv-}}, que crean cabeceiras de nivel 1; tamén usei o ficheiro Open_book_01.png, que levan case todas as cabeceiras de categoría gramatical (nivel 3). Completei con algún modelo e algunha categoría máis (como {{completar}}, {{wikt}}, Categoría:Abreviaturas, etc.), pero sigo sen conseguir listar todas as páxinas. Isto dame a entender que hai polo menos dúas sen cabeceira gramatical, cabeceira de lingua, e non están marcadas para formatar.
- Pensei que saberías de algún outro xeito de facelo. Seguirei probando a ver se o consigo. Un saúdo! [ Furagaitas * ] 10 de maio de 2020 ás 18:34 (UTC)
- Furagaitas, estaba mirando outra forma de facer isto e atopei o artigo aa, está ben que estea na categoría Abreviaturas e na categoría Abreviaturas en galego ó mesmo tempo? Na Galipedia non se permite que un artigo estea nunha categoría inferior e nunha superior ó mesmo tempo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de maio de 2020 ás 12:20 (UTC)
- Mira, Furagaitas, atopei isto, as páxinas sen categoría, saen catro pero como son datos da caché non está actualizado, realmente só son tres "cousas" porque non son artigos. Non teñen categoría e eu penso que están no espazo de nomes principal: Formula:la-declinatio, Formula:la-cv e Formula:la-declinatio-eu. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de maio de 2020 ás 13:27 (UTC)
- Outra cousa Furagaitas, usando o Petscan, con esta consulta, os artigos do espazo de nomes principal que usan eses modelos, resulta que saen 56.005 artigos, cando na portada agora mesmo pon que hai 55.997. Non entendo por que hai eses oito artigos de diferenza. A ver se os modelos que puxen na consulta che dan algunha pista ou ves algún erro... Por se non a coñeces, esta ferramenta permite sacar o listado en formato wiki, co cal ese listado xa se podería usar como fonte para o AWB para tratar todos os artigos do Galizionario... Fixen dúas páxinas de probas en Usuario:Elisardojm/Lista_de_artigos_do_Galizionario1 e Usuario:Elisardojm/Lista_de_artigos_do_Galizionario2. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de maio de 2020 ás 16:04 (UTC)
- Acabo de cargar as dúas listas no AWB e despois de quitar os duplicados hai 56.005 artigos... Non sei de onde saen ese artigos de máis, a ver se con estes datos podes atopar onde está o problema... Ah, outro detalle, estas listas non se actualizan de forma automática, habería que executar de novo as consultas no Petscan e actualizar co resultado esas páxinas, pero mentres non hai outra cousa, é outro sistema para conseguir unha lista de ¿todos? os artigos do Galizionario :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de maio de 2020 ás 16:10 (UTC)
Agora co Petscan consultei os artigos que teñen os seguintes modelos: -lingua-, -nc-, -conv-, nomelingua, -substm-, completar, wikt, xuntar, delete e formatar dan 56.005 artigos, podes velo nesta consulta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de maio de 2020 ás 07:59 (UTC)
- Furagaitas, valeuche algo isto de aquí arriba? Atopaches o problema? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de maio de 2020 ás 08:04 (UTC)
- Bo día. Perdoa que non che dixese nada ata agora. Non tiña moito tempo, e o que tiña quería dedicalo a facer probas. O Petscan foime máis útil para buscar entradas có AWB. Penso que, á parte dalgunha entrada que se puidese escapar, o problema da diferenza no número de entradas pode deberse a un fallo na actualización do sistema, como ti ben dixeches que pasaba na páxina de categorías sen categoría.
- Fixen dúas buscas a machado... Primeiro busquei as páxinas contidas en case todas as categorías habidas e por haber. Despois fixen o mesmo cos modelos. O curioso foi que a primeira das procuras só me devolveu 55955 títulos; de aí tiro que algunha das categorías que excluín (do tipo Substantivos en castelán ou Entradas en vasco sen transcrición fonolóxica) están mal configuradas, xa que deberían estar cubertas por categorías superiores. Coa segunda procura obtiven 56007. Xunteinas con AWB e simplifiqueinas, obtendo ese mesmo número. Atopei 2 entradas sen cabeceira de primeiro nivel, e eliminei as do tipo Formula:.... Xuntei a lista resultante con outras anteriores, simplifiquei, e quedoume en 56006. De todas formas, e se o problema está na caché, non sería raro que outro día saia un número diferente.
- Non busco máis. Dou por boa a lista. Agora podo poñer a traballar o AWB abarcando todo o Galizionario. Un saúdo. E mil grazas. [ Furagaitas * ] 14 de maio de 2020 ás 12:39 (UTC)
- Xenial Furagaitas, tan só unha nota pero supoño que xa te decatarías, as listas xeradas co Petscan non se actualizan de forma automática, cada vez que queiras usalas terás que xeralas de novo se queres que teñan os últimos artigos creados no Galizionario. Pero tamén dependerá da tarefa que queiras facer, se precisas usar unha lista "á última" ou non :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de maio de 2020 ás 13:00 (UTC)
DPLG
[editar]Boas. Téñoo en conta, aínda que como ben dis, non adoitamos referenciar a información. É unha conta pendente, como outras moitas. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 30 de maio de 2020 ás 08:11 (UTC)