Conversa usuaria:Elvire/Arquivo1
Nova sección"Arquivo 1 : xaneiro 2008 à decembro 2010" :
Mellorei carón, espero que che sirvan de algo. Quítoche os modelos da túa páxina porque senón categorizan a túa páxina nesas linguas. Sobreira (parlez) 23:11, 7 xaneiro 2008 (UTC)
- sobre engins de pêche Sobreira (parlez) 23:34, 7 xaneiro 2008 (UTC)
Benvida
[editar]Ola Elvire. Grazas por te rexistrar no Galizionario. Coido que podes ser de grande axuda, en particular coas palabras en francés. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:58, 10 xaneiro 2008 (UTC)
à la française
[editar]Pardon por responder tarde, pero estas 3 semaines estarei cun curso que me manda deberes cada 2 dous días. Cada wiktionary vai un pouco por libre. Aínda que hai certas características xerais (os datos que se inclúen: lingua, categoría, flexión, etimoloxía, interwikis), os franceses fan unha cousa e outros outra, polo que non sei se os consellos que che puidese dar valerían para alí. Se queres, aquí podes ir facendo algo que tecnicamente non crea dificultades. Se unha palabra francesa non existe créala segundo este modelo:
{{-fr-}}
{{-CategoríaGramaticalQueCorresponda-}}
{{-CadroDeFlexión-}}
{{-etim-|Etimoloxía se a sabes}}
* [[TraduciónÓGalego1]], [[TraduciónÓGalego2]]...
{{-exemp-|Exemplo francés se queres poñerllo}}
- Para ver as posibilidades de CategoríaGramaticalQueCorresponda e CadroDeFlexión de nomes e adxectivos, están en Wiktionary:Todos os modelos.
- Para os interwikis: o artigo gl:Cousa terá un interwiki fr:Cousa se existe na Wikipédie, un it:Cousa se está na italiana, etc. De tódolos xeitos se non queres non te compliques en comprobalo, porque xa hai bots que os fan automaticamente.
- Actualmente o formato ideal de artigo para unha palabra galega está en certo debate, pero en realidade quedan poucas cousas que aclarar (se non me confundo, a orde onde colocar a Etimoloxía, Pronuncia e Audio). Na Galipedia estamos discutindo sobre poñerlle as traducións para cada acepción (significado) e non todas xuntas ó final (v. polaco ou lamia). Estes (e xunta e segundo para polisemia, xardón para os dialectalismos, cabalo e chover pola cantidade de datos e cantar para verbos) poderían tomarse como modelos. No resto creo que hai bastante consenso. Bisous. Sobreira (parlez) 01:17, 13 xaneiro 2008 (UTC)
+ langues (et paroles)
[editar]Xa estou alá. Repasei o teu islandés & islandais & Islandais segundo o que supoño que fan alí. bisous.
Modifiquei a túa presentación para que vexas como se fan as ligazóns entre proxectos, porque antes enviaba ó Wiktionnaire. Usuario:Sobreira
- dimanche como exemplo. Lembra: sempre en maiúsculas salvo nome propio (en francés parece ser que tamén para xentilicios). bisous. Sobreira (parlez) 20:39, 16 xaneiro 2008 (UTC)
Foi un lapsus: sempre en minúsculas agás nom propre. --Botsobreira 21:16, 16 xaneiro 2008 (UTC)
- Eu prefiro reservar as definicións para o artigo en galego (para o cal, se traes os datos doutro dicionario, hai que saber se eses significados se lle aplican en galego: cf. aujourd'hui vs. hoxe). O caso de hoxe é moi complicado, porque é unha palabra gramatical e non é un substantivo, pero con outras vese máis claro. Outro detalle: normalmente non se inclúe o definido na definición ;) Aínda vou facer de ti unha lexicógrafa de alto standing. bisoñés...
Agora creo que é terza feira; tamén é corta feira. E *amañá nunca: mañá é tanto demain como matin. Bisous.
- cando dis programa, refíreste a proxecto, a listaxe que prevés facer, ton plan d'oeuvre? --Botsobreira 23:02, 16 xaneiro 2008 (UTC)
- Vas ben, vas ben: xa vexo que comezas co tempo. Moi boa idea, varrendo por temas. Dentro de pouco espero estar de volta cando acabe un cursiño esta semana, pero de momento non hai ningunha corrección, porque xa vexo que xa non inclúes a definición e si a remisión ó galego. Dentro de pouco, despois do italiano e o alemán, farei un dicionario automático gl-fr (primeiras probas aquí para o italiano) coas palabras que existen no Galizionario. User:Sobreira
borrar
[editar]Para solicitar os borrados, úsanse os modelos { {borrar} } e { {borrarporque} } (están en Wiktionary:Lista_de_todos_os_modelos_de_artigo#Mantemento). Sobre o de carne, ti sabes máis francés ca min: púxeno só porque me soaba á cadeira do inglés. Voulle poñer os teus exemplos ó francés chair e pasar todo o de Carne a carne. Bo traballo: petit à petit, fait l'oisseau son nit. Eu de momento vou recomezar co índice bilingüe. Bisous. Sobreira (parlez) 23:22, 3 febreiro 2008 (UTC)
Asturien/Castillan/Galicien... et français
[editar]En ce moment (aujourd(hui) je suis en train de rapatrier des mots asturiens sur le Wikitionnaire-FR et, bien évidemment, cela me conduit à des incursions chez les voisins. Là je récupère des mots sur la traduction en asturien de la constitution espagnole, par exemple, faute de piller un dictionnaire...
Un autre jour, je retournerai picorer parmi d'autres langues romanes voire dans l'ido qui, bien qu'étant une langue construite censée se baser sur des arcines internationales, semble quand même recourir très majoritairement à des racines issues des langues romanes. Hégésippe | ±Θ± 13:56, 9 febreiro 2008 (UTC)
Pedigree
[editar]En fait de « pedigree », je crois que je serais plutôt un chat de gouttière de la connaissance... Hégésippe | ±Θ± 10:54, 11 febreiro 2008 (UTC)
bienal, bianual e similares
[editar]Elvire, bianual: que sucede dúas veces ó ano; bienal: que sucede cada dous anos.
Trianual: tres veces ó ano. Trienal: cada tres anos.
Quinquenal: que dura 5 anos. Quinquenio: período de 5 anos.
Sacado dos dicionarios da RAG, da RAE e do diccionario panhispánico de dúbidas.
Un saúdo. Pedro --P Lameiro 00:46, 24 febreiro 2008 (UTC)
arbres
[editar]citronnier, charme, baobab, avocatier, abricotier... a súa tradución é "árbore" para todos? Non será baobab, limoeiro, pexegueiro, ...? Polo resto vas moi ben, lenta pero constante ;) Eu ultimamente estou boteando e Usuario:Furagaitas tamén anda por aquí. Botsobreira 17:52, 24 abril 2008 (UTC)
- Eu son máis partidario de poñer as traducións todas xuntas na(s) páxina(s) da(s) forma(s) galega(s). Así quen queira saber o significado debe ir alí e facemos que o galego sexa útil. Botsobreira 17:54, 24 abril 2008 (UTC)
- Ok, pas de problème, podo ilas vendo eu, pero vai pouco a pouco. Se fas unha listaxe (ou as metes en Categoría:Categoría auxiliar) mellor. Sobreira (parlez) 13:44, 25 abril 2008 (UTC)
18.000 entradas
[editar]Ola Elvire. Parabéns por crear a entrada université que nos permitiu acadar a número 18.000 no Galizionario. Moitas grazas por axudar a manter vivo o Galizionario e unha vez máis pidoche desculpas pola miña lentitude ou falta de resposta a algunha das preguntas que me deixaches na páxina de discusión. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:19, 10 maio 2008 (UTC)
- Concordo contigo é unha bonita palabra para chegar a esa cifra. Unha cousa máis o sistema non contabiliza as redireccións como entradas, cantas máis entradas fagas mellor :-) pero non te preocupes por marcar as que haxa que borrar porque o número non vai baixar por borrar redireccións. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:45, 10 maio 2008 (UTC)
Topónimos
[editar]Boas. Hai pouco comentáronme que se seguía como referencia a listaxe que aparecía na páxina [1], que recollía tanto toponimia galega como internacional, pero como ben dis ti esa páxina xa non existe, ou non se pode acceder a ela. Eu recollín a listaxe de topónimos internacionais e gardeina na miña sección (igual fixen algunha pequena modificación). Se queres podes usala como referencia ou crear os artigos que faltan... Furagaitas 12:00, 23 maio 2008 (UTC)
- O documento mudou de sitio, agora está en http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:50, 23 maio 2008 (UTC)
Idea
[editar]Ola Elvire! Quería darche a miña opinión sobre a presentación das últimas entradas que estiveches a crear. Por un lado, creo que sería recomendable poñer entre parénteses o campo semántico. Por outro, vexo que estás poñendo CVarN na mesma liña que o título do artigo, o que ocasiona que aparezan catro guións a continuación dese título. Furagaitas* 14:28, 8 xuño 2008 (UTC)
- Boas. Supoño que non reparaches en que estás a poñer "]]" despois de { {etim} } Furagaitas* 20:06, 13 xuño 2008 (UTC)
Re: lixo
[editar]Ola Elvire. Si ando eliminando todas as redireccións innecesarias que poido, vou letra por letra. Se queres que algunha redirección en particular se elimine antes podes marcala para borrar. O dos 20.000 non foi posible para principios de xuño, a ver se o conseguimos para finais. No tempo que me deixe o borrado de redireccións tentarei axudar a crear algunha entrada. Como bo desexo para o futuro próximo a ver se temos a sorte de que aumente o número de colaboradores neste proxecto e entre todos poidamos acadar esa cifra e completar as entradas pendentes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:49, 17 xuño 2008 (UTC)
boas
[editar]Son novo nisto do galizonario, aínda que xa colaboro na wikipedia, en wikisource e en galicitas dende fai tempo. Podes comentarme como vai isto? E que vexo moita imaxe, moita basndeiriña e tal e moitas entradas en francés. Non sería mellor facer como fan na wikipedia aragonesa? --Norrin strange 19:05, 17 xuño 2008 (UTC)
Traducións
[editar]Ola Elvire. Cambieille un pouco a definición a infirmerie e a guérison. Gustaríame que comprobases que está ben. Por outro lado, xa hai tempo marquei para completar mignonnette; ¿pódela completar ti ou darme algunha pista acerca da tradución? Furagaitas* 19:58, 23 xuño 2008 (UTC)
- Por un lado, teño que darche as grazas por confiar en min. Síntete libre ti tamén para corrixir ou facer críticas das miñas edicións. De todas formas, penso que nunca está de máis vixiar o traballo dos outros para comprobar que todo está correcto; ó fin e ó cabo isto é un traballo en equipo.
- Por outro lado, referente ás páxinas por completar, supoño que foi unha opción que se seguiu hai tempo para crear entradas de forma rápida. Como non son palabras incorrectas, creo que sería mellor completalas que borralas. No caso concreto de mignonnette, se che parece ben coa información que me deches tratarei de completar o artigo. Furagaitas* 23:21, 24 xuño 2008 (UTC)
Langue maternelle
[editar]J'ai pris la liberté de changer le modèle Babel au nl: tel qu'il indique que gl est votre langue maternelle (et pas: niveau 1, ce que indique un niveau seulement élémentaire Jcwf 00:59, 26 xuño 2008 (UTC)
je vs moi
[editar]Boas Elvire. Vexo que retiraches moi como tradución de eu. Velaquí algunha referencia de porqué o incluín como tradución [2]. Por certo, noraboa pola entrada 20.000, recompensa pola túa formidable colaboración co Galizionario. Furagaitas* 00:19, 4 xullo 2008 (UTC)
- Farei o que poida; de momento deixareino na miña lista de palabras pendentes de revisión para cando teña máis tempo e ganas. Grazas pola aclaración. Cando o teña corrixido xa te avisarei para que deas o teu veredicto. Un saúdo. Furagaitas* 15:37, 4 xullo 2008 (UTC)
Histoloxía
[editar]¡Es unha artista, Elvire! Menos mal que andas detrás corrixindo as miñas lagoas no Galizionario. Canto ó de categorizar "Histoloxía" en Medicina creo que é consecuencia dunha mentalidade antropocéntrica e que cadra moito mellor en Bioloxía. Neuronas téñennas tódolos animais; outros conceptos (célula, óvulo, membrana, óso, fígado, etc), tamén, se non todos, non só os humanos, que é o que relaciono coa Medicina. Pero bueno, ti sabes mellor ca min isto das categorías. Grazas e ata outra. Pedro --P Lameiro 14:59, 13 xullo 2008 (UTC)
dúas preguntas
[editar]Explícame dúas cousas, Elvire.
Trala tradución, "es: artesanal", engades ":es:artesanal (es)". ¿Que función ten iso?
Segunda pregunta. ¿Que categoría gramatical habería que dar a expresións como "columna vertebral"? Non son substantivos pero non sei se se poden considerar locucións substantivas. En dúas entradas que fixen hoxe (espiña dorsal e columna vertebral) dexei a gramática en branco. Saúdos, Pedro --P Lameiro 20:47, 19 xullo 2008 (UTC)
- primeira pregunta : noutros diccionarios wiki as traducións permiten de ir ver o artigo no diccionario da lingua propia ( ves no verbo fr:oublier no diccionario en francés, baixando as traducións podes ver que en galego (galicien) dise "esquecer", logo si fas "clic" no pequeno "gl" poís llegas o artigo do galizionario. En canto o artigo non esta feito no Galizionario poís a ligazón leva igual o Galizionario que responde ca palabra ainda non esta creada ! .... hasta o día que a teñamos.
Segunda pregunta : para mín (sempre seguindo a analoxía ca lingua francesa) "columna vertebral" é unha locución substantiva (locution nominale en francés). Pero sei por experienza que debese ter moitas dubidas con esto da analoxía, en moitos casos renuncio a traducir, pero algunhas veces parece tan lógico e mirando o diccionario da RAG po&is botome ! Saúdos Lameiro. Elvire 21:46, 19 xullo 2008 (UTC)
- primeira pregunta : noutros diccionarios wiki as traducións permiten de ir ver o artigo no diccionario da lingua propia ( ves no verbo fr:oublier no diccionario en francés, baixando as traducións podes ver que en galego (galicien) dise "esquecer", logo si fas "clic" no pequeno "gl" poís llegas o artigo do galizionario. En canto o artigo non esta feito no Galizionario poís a ligazón leva igual o Galizionario que responde ca palabra ainda non esta creada ! .... hasta o día que a teñamos.
Ola Elvire. Se tes tempo podes revisar esta listaxe na busca de erros?. Máis que da listaxe, desconfío de que algunha das ligazóns vermellas teñan creado o artigo pero que teñan o título errado (por exemplo: café décaféiné / café décafeiné). Furagaitas* 23:09, 28 xullo 2008 (UTC)
homo
[editar]Ola. Acabo de atopar un caso de dous artigos cos que se pode empregar o modelo homo e acordeime de ti. ¿Atréveste? Os artigos son celeiro e Celeiro. Furagaitas* 01:11, 8 agosto 2008 (UTC)
- Non te preocupes polo engano que tiveches, pásalle a calquera. Vexo que non tiveches problema a crear os homo. Normalmente engádense tamén os homos creados a Wiktionary:Modelos_homo. E como se di nesa páxina, os modelos homo pódense usar tamén para homófonos. Se non sempre nos queda Termos relacionados. Furagaitas* 16:28, 8 agosto 2008 (UTC)
cuña e commons
[editar]Texto traído da páxina de conversa de cuña.
- Grazas, Elvire. Explícame, por favor, como se sube unha imaxe a Commons, e así afórroche o traballo no futuro. Pedro --P Lameiro 14:06, 31 agosto 2008 (UTC)
- A imaxe ten que ter un ficheiro en commons. Commons é o proxecto wiki que leva ficheiros multimedia (imaxes, sonidos etc) comun a todos proxectos wiki. Si tes conta global, o rexistro de usuario é automatico. Senon podes-te rexistrar. Esta todo explicado. Eli, todo non esta traducido en todas linguas. Eu traballo eli en francés, ainda que non esta todo en francés. Si sabes o inglés, fai a escolla da lingua inglesa, porque non estou segura que todo este explicado en galego para subir imaxes.Elvire 19:03, 31 agosto 2008 (UTC)
- Engado : si rexistras as túas fotos directamente en commons, logo podes utilizalas na Galipedia para encher as galerias de imaxes, adornar os artigos e isto só con pór o nome do ficheiro, tal como o creaches en commons.... E logo, si lle puxeches categorias, poís podemos atopar e utilizar esas fotos en calquer outro proxecto, os wikpedia en todas linguas, os wikidicionarios en todas linguas etc. etc. é riqueza compartida !
- A imaxe ten que ter un ficheiro en commons. Commons é o proxecto wiki que leva ficheiros multimedia (imaxes, sonidos etc) comun a todos proxectos wiki. Si tes conta global, o rexistro de usuario é automatico. Senon podes-te rexistrar. Esta todo explicado. Eli, todo non esta traducido en todas linguas. Eu traballo eli en francés, ainda que non esta todo en francés. Si sabes o inglés, fai a escolla da lingua inglesa, porque non estou segura que todo este explicado en galego para subir imaxes.Elvire 19:03, 31 agosto 2008 (UTC)
- Grazas, Elvire. Explícame, por favor, como se sube unha imaxe a Commons, e así afórroche o traballo no futuro. Pedro --P Lameiro 14:06, 31 agosto 2008 (UTC)
Supoño que resultará fácil e todo explicado para quen saiba como facelo, como sempre: unha das leis de Murphy é que as explicacións están dirixidas a quen non as necesita. Pero bueno, intentareino. Falas tamén dunha "conta global". Sóame ter lido algo disto nalgunha conversa ou nalgún outro sitio. ¿Queres dicir que cun único nome de usuario (e, supoño, unha única contraseña) aparecerei rexistrado na Galipedia, no Galicionario, en Commons e na es:wiki (que son as únicas nas que podería contribuír)? ¿E onde me fago con esa conta global? ¿Podo utiliza-la da Galipedia, facéndoa extensiva ós outros proxectos? Grazas e non deas por suposto que sei nada, ti ex´plícamo como a un novato total. Saúdos, Pedro --P Lameiro 18:32, 1 setembro 2008 (UTC)
- Cando estas rexistrado para traballar, metamos na Galipedia, pois na cima da pantalla tes a direita o teu nome de usuario, con un clic vas a tua páxina de usuario. Logo tes as miñas discusións, con un clic vas a tua páxina de conversa. Logo seguindo pola direita, tes as miñas preferencias, si fas clic vas a unha páxina para xestionar a túa conta. Ei podes pidir de ter conta global. Si hasta agora cada vez que fixeches unha conta nos proxectos wiki (Galipedia, wiki es, wikidicionario e as que sexan) sempre colliches o mismo nome, a misma contraseña e deches o mismo enderezo electronico .... poís loxicamente todo deberia ir rapido e sen problema. O meu consello : antes de pedir conta global (llamalle tamen SUL) averigua que en todoos proxectos que abriches conta (pensao ben, por exemplo podes haber feito conta na wiki portufuesa ou na catalana ???) con P Lameiro, contraseña identica e correo electronico identico. Si non é o caso poís debelo arreglar antes de pedir a conta global. Cando teñas conta global, poís o facer unha conexion en calquer proxecto, basta con que entres navegando en calquer outro e naceche unha conta automaticamente, levando a túa páxina de usuario et de conversa en vermello hasta que se poña algo de escrita encima. E en calquer proxecto vas facer clic no que corresponde a as miñas preferencias e eli podes escoller a lingua da interface para ter un minimo de detallas na tua lingua. Concordo con ti Lameiro : as explicacións están dirixidas a quen non as necesitan ! Eu fago coma ti, pido informes a xente, cavilo moito, fago analoxías con as outras cousas e botome. Debe haber unha páxina que explica esto pero non a atoupo. Só teño a man meta:Help:Unified login/es. Esto taménpara averiguar que non vai haber conflito entro todos usuarios que tes (mismo nome, misma contraseña e mismo correo) e averiguar que o te nome P Lameiro non esta usado por outra persoa en algures. Ando afaenada e de presa, pero tratarei de vir dar unha volta maña a noite.
Gustariame moito poder dentre duns días meterme no porxecto dos 100 artigos da Galipedia : anduven cavilando e pareceme bastante dificil, pero penso que é mui importante meterse nun proxecto sobre a calidade de artigos. E xa sabés unha persoa sola non vale moito, e eu por encima co problema da fala ainda necesito maís de outros, é por iso que contame moito traballar nos 100 artigos. Botate Lameiro, pero antes de pedir a conta preparate ben.. Saúdos Lameiro.Elvire 20:41, 1 setembro 2008 (UTC)
- O caso é que non o fixen así. Na Galipedia e en es:wiki son "Lameiro", e no Galizionario son "P_Lameiro". As contraseñas son diferentes nos tres casos e o único que coincide é o correo, que teño o mesmo nos tres. Tamén me rexistrei en Betawiki -nunha época na que Xosé e Alma andaban traducindo tódalas mensaxes- e aí son ta´mén "Lameiro" e cunha cuarta contraseña diferente; pero isto de Betawiki non me interesa agora. Non estou rexistrado en ningún outro wiki. Así teño as cousas. Non cumprindo a condición que dis: "mismo nome, misma contraseña e mismo correo", ¿ten arreglo isto? Xa me contarás. Do que me dis dos 100 artigos... xa falaremos. Un saúdo, Pedro --P Lameiro 23:10, 1 setembro 2008 (UTC)
Un lío, Elvire. Teño un verdadeiro lío de usuarios e contraseñas e, para complicalo máis, hai outros dous Lameiros por aí. Xa teño unificadas as contraseñas e solicitado o cambio de nome de usuario aquí no Galizionario e en Commons (¡nin sabía que estaba rexistrado en Commons!). Pero nese enderezo que me dás para comprobar atopo 4 Lameiros máis. Dous on eu mesmo (estou seguro) que me rexistrara e logo, ó esquece-la contraseña, dinme de alta de novo. Pero os outros dous non son eu: un está na en.wiki (pero só ten unha contribución) e outro na pt.wiki (que traballa arreo e ten 1.938 contribucións. Mandeilles un correo a Alberte e a Prevert explicándollo, a agora toca esperar a ver se lle atopan solución. Xa veremos. Veña, un saúdo e ata outra. Pedro --P Lameiro 23:53, 3 setembro 2008 (UTC)
nome de usuario
[editar]A ver se o entendo. Se neste momento somos dous Lameiros (eu e mailo brasileiro) e un inglés que non parece escribir moito, a solución para a conta unificada pasa porque un dos dous renuncie e cambie o nome. Semella que o que propoñedes de rexistrarme en varios wikis levaría a que o conflito se decantase ó meu favor (se o Lameiro galego está en 12 sitios e os demais nun só, aquel se queda co nome). Pero o caso é que a idea non me gusta: non teño intención nin capacidade de colaborar noutros proxectos noutras linguas. Non sei máis que castelán e galego e nunca podería facer nada en wikis inglesas, francesas... nin portuguesas. Sería rexistrarme por rexistrarme, máis nada. Como os que copan un dominio web coas súas variantes para non deixar lugar a ninguén máis. Non me gusta a idea.
A outra alternativa sería, como di Elvire, cambiar eu o nome. Buscarme un que ninguén máis teña neste momento. Por exemplo "P. Lameiro", que acabo de comprobar que está libre (e que consegue o mesmo obxectivo co Lameiro2009 que propón), e logo cambia-lo nome naqueles proxectos nos que xa estou rexistrado e, finalmente, solicita-la conta global. ¿Conseguiríamos así soluciona-lo problema? ¡Señor, quen me mandaría a min complicarme así a vida...! Saúdos, Pedro --Lameiro 22:33, 4 setembro 2008 (UTC)
Boas
[editar]Boas, Elvire, é un pracer verche por aquí. Xa, co traballo que estás a facer, en breves teremos para un Galego-Francés moi interesante, :). O cabaleiro das botas azuis despídese. --Norrin strange 21:20, 17 setembro 2008 (UTC)
Re: Categorías redundantes
[editar]Ola compañeiros.
O que me conta Elvire é debido a que o modelo {{-locuc-}} leva a categorización consigo, e toda páxina na que se utilice quedará categorizada. Habería que modificar o modelo para que non categorizase, ou para que categorizase correctamente. Casualmente hoxe estiven pensando en algo moi relacionado con todo isto... Cando acabe co que teño entre mans espero darlle solución.
Entendo que se as locucións están categorizadas, e por exemplo os substantivos non o están, será porque o creador dos respectivos modelos creu máis interesante categorizar as locucións. Outros wiktis categorizan substantivos, locucións,... separándoas por lingua; un exemplo é o Wiktionnaire, que ten ata categorías para locucións verbais conxugadas, cando nós nin cabeceira temos para este tipo de locucións (apúntoa para as tarefas pendentes). Furagaitas* 00:31, 10 outubro 2008 (UTC)
mel
[editar]Ola Elvire. Corríxoche o -substf- que puxeches en mel porque en galego é masculino. O que non sei é se cómpre indicar que en castelán é feminino (e en francés, ti saberás). Por se o editas para indicar ese cambio de xénero estarei pendente para saber cómo se fai. Saúdos, Pedro --Lameiro 19:31, 15 outubro 2008 (UTC)
Categorizando
[editar]Ola Elvire, boa noite. Vexo que estás a categorizar as novas entradas; moi ben, traballo en equipo! Pero creo que o método que usas non é o máis axeitado. Ó meu entender, o modelo {{sem}} débese usar só cando a definición atinxe unicamente ó campo no que se categoriza. Estarás de acordo que non se debe limitar nineteen ó campo das matemáticas, cando é unha palabra que se emprega en calquera aspecto da vida, do mesmo xeito que non sería lóxico empregar este modelo para categorizar animal en Zooloxía. Podemos facer estas categorizacións (en tantas categorías como queiramos) do xeito tradicional (con [[Categoría:Xxxxxxxx]] a páxina quedará categorizada pero non aparecerá máis que na parte inferior da mesma). Espero que entendas a qué me refiro e que compartas a miña opinión. Por outro lado, estiven pensando en crear outro modelo para abreviar categorizacións co {{sem}} do tipo (Dereito en francés e Filosofía en francés) e que apareza (Dereito e filosofía). Tereite informada. Un saúdo. Furagaitas* 23:12, 6 novembro 2008 (UTC)
21.000 entradas
[editar]Ola Elvire. Parabéns por creares a entrada 21.000. Moitas grazas polo teu traballo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:53, 10 novembro 2008 (UTC)
Interwikis
[editar]Grazas a ti pola información sobre os interwikis. Non adoito pararme moito con eles, déixolles ese traballo ós bots, pero ás veces aproveito algunha pequena modificación nos artigos para matar dous paxaros dun tiro. Pero tes razón, é unha perda de tempo, tempo que debemos aproveitar noutras tarefas máis produtivas. Queda tanto por facer... Furagaitas* 07:57, 1 decembro 2008 (UTC)
RE: bandeiras
[editar]Boas Elvire, un pracer saber de ti de novo.
Xa pasei o tema á taberna, se queres o comentamos alí. Non mudei os modelos, xa veremos que facer logo de discutilos. --Norrin strange 15:27, 6 decembro 2008 (UTC)
RE: Ideas e traballo wiki
[editar]Boas Elvire. Comentas moitas cousas nunha soa mensaxe. As cursivas é o que me escribeches.
Lamento que axiña que como non che sentes confortable, deixes o sitio sen procurar dialogar. Podemos deducir diso que a túa colaboración está sometida ao feito de que se acepta as túas ideas ?
- Verás, e cuestión de principios. Non preciso a wiki, non estou emocionalmente ligado a ela. Si que é certo que teño un vinculo emocional coa lingua galega, pero hai moitos xeitos de axudala, e ademais seguramente notaches que traballei moito a prol do cheién. Dado que teño conta unificada, paso a realizar o mesmo traballo ao Wikcionário en portugués. A miña colaboración non está sometida ao feito de que se acepten as miñas ideas, non. Son bastante pragmático, e se nalgo opino diferente ca outro non saco o tema e xa, agora, tampouco quero que o outro mo impoña.
ata cando son erróneas ? Esqueces co punto de vista neutral que debemos busca lo discutindo ? Xa dixen que non preguntaba fontes para probar as cousas. Pero se realmente pensas que estas linguas son representadas polas bandeiras que puxeches, a menor das cousas é que o probas. Sabes ben que é unha base wiki que lle volve ao que modifica de achegar as probas. Prefires provocar para obrigar a comunidade a tomar unha decisión ?
- Por desgraza, a miña experiencia nos proxectos wiki en galego tenme mostrado que unha certa provocación da mellores resultados que un convite. Xa pasoume na Galipedia moito. Obviamente non é a mellor maneira, pero.... Non sei se as bandeiras que puxen están mellor ou peor, eu son antibandeiras. Pero si sei que son mais axeitadas (léxase menos malas) que as que había. Canto menos, levan o nome da lingua, por así dicilo. Probas? Non é cuestión de probas, as probas serven cando tentas demostrar un feito, aquí non hai feitos, trátase dunha batalla persoal por demostrar o absurdo que é por bandeiras ás linguas.
Non vou a explicárche por que estás equivocado, xa que non intentas dialogar e ademais non comprendo ó por que Sobreira e Furagaitas non argumentaron para explicarse.
- Non vou falar aquí de Sobreira e Furagaitas, pero a que sacaches o tema a colación fuches ti.
Non coñezo ben a historia de Castela. Coñezo un pouco a historia do Reino Unido e vou probarche soamente que a bandeira de Inglaterra cobre un territorio, w:gl:Cornualles - Kernow do que velaquí a bandeira , e a lingua que segue a túa lóxica non é o inglés, é a w:gl:lingua córnica (en córnico: Kernowek, Kernewek, Curnoack) . E velaqui Galicia na súa wiki w:kw:Galisi. Xa fai moitos siglos que Cornualles esta incluida en Inglaterra, Escoia, Gales, Irlanda do norte non fai tanto que están integrados no Reino Unido, pero non é de onte.
- Grazas, xa coñezo dende fai anos a historia de Inglaterra e do seu expansionismo cultural. Xa coñezo Cornualles. Xa sei que o ducado de Cornualles está en Inglaterra, que Córsega está (por desgraza) en Francia, etc.
Xa o repito, sintóo que non queiras dialogar. Eu non che rechazo. Saúdos Norrin strangeElvire 13:38, 10 decembro 2008 (UTC) Engado a portada Pennfolen Elvire 13:40, 10 decembro 2008 (UTC)
- Desculpa se son un pouco agrio. E non é que non quera dialogar, e que cando dedicas tempo a algo, as discusións eternas que non levan a ningures sobranche. Eu, en canto resolvades ese tema, volverei, até entón os meus mellores desexos, máis non penses que esotu enfadado, simplemente non estou cómodo co esquema actual. Saúdos. --Norrin strange 17:03, 10 decembro 2008 (UTC)
Desculpas e volta ao traballo
[editar]Primeiramente, Elvire, pardon, je suis desolée
En segundo lugar, aínda que pode que xa todo esté dito, as miñas desculpas pola miña actitude en todo isto. Certo é que molesteime, pero teño cavilado dende entón e por iso pídoche desculpas. Volto de novo, a facer as cousas o mellor que poda.
Si que che pediría por favor que axudes nos debates, para que as discusións leven a algún lado. Semella que, polo de agora, o tema das bandeiras vai ser solucionado eliminándoas. Por min, ben. Tampouco quero seguir coa teima persoal.
Un saúdo sinceiro, señoriña. Vémonos. --Norrin strange 20:29, 10 decembro 2008 (UTC)
MV
[editar]Ola. O famoso {{PAGENAME}} (que desde o meu punto de vista non ten porque ser necesariamente un {{PAGENAME}}, senón tamén do tipo branco, -a, ăqu|a, -ae,...) aínda non entrou no cuestionario da MV (=megavotación), pero entrará. Como sabes, ten os seus defensores e os seus detractores; eu sitúome entre os dous bandos. Penso que pode ser útil en entradas longas para recordar o nome da páxina. Nas miñas propostas de modelo de artigo en Wiktionary:Zona de probas#Exemplo e Wiktionary:Zona de probas/couce repetiríase (cunha cabeceira de nivel entre o de lingua e o de categoría gramatical) para cada lingua e etimoloxía.
Sobre o da orde das linguas, entendo que a mellor maneira de atopar cada lingua é listándoas por orde alfabética. Furagaitas* 15:37, 13 decembro 2008 (UTC)
Re: Galego-Aragonés
[editar]Tes razón Elvire. Supoño que o problema seguiría sendo que a páxina en aragonés tería un nome distinto. Se se decide mudar a páxina de sitio por min non hai problema. Por outra banda, grazas Elvire por ser das que manteñen vivo o Galizionario. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:10, 30 marzo 2009 (UTC)
Graciñas
[editar]Graciñas. Desculpa as incorreccións que podo cometer. Antes de editar botei bastante tempo mirando artigos e, como non vin coherencia plena, decidín imitar os que me parecían mellor elaborados, pero non sei se estarán ben. Probablemente precise axuda.
Por outra banda, a min sóeme gustar, cando fago algo, non ter que volver sobre o xa feito, pois é unha perda de tempo e de recursos; por iso que non comprenda o non categorizar por procedencia etimolóxica. É probable que haxa algunha meneira de facelo e eu non dese con ela.--Raspiñeiro 14:22, 17 abril 2009 (UTC)
- Graciñas de novo. agora xa vou comprendendo un pouco como están as cousas. Polo momento, vou intentar só aportar no que está da miña man (crear entradas) e colaborar na estrutura se algún administrador me indica que podería facer algo.
- Penso que é sorprendente que poida haber tantas entradas neste proxecto sen unha estrutura máis avanzada. Non hai dúbida de que os colaboradores primaron o facer un servizo a Galicia antes do que a súa comodidade--Raspiñeiro 15:04, 20 abril 2009 (UTC)
- Grazas por creares a categoría semántica. A verdade é que estou inseguro con esas cousas. Grazas--Raspiñeiro 18:37, 5 maio 2009 (UTC)
- Graciñas de novo polas palabras de ánimo, pero non me sinto un usuario diferente (tampouco é que me sinta un usuario igual a outros, pois polo de agora falei con só tres usuarios e inda case non sei ben o que implica ser usuario), só me sinto un usuario inexperto, xa que non sei se son correctas moitas das cousas que fago, nada máis. A verdade, esperaba ser moito máis criticado (criticado no mellor sentido posible da palabra).
- Pouco e pouco vou vendo que hai moito traballo por facer. Eu podo facer algo, pero pouca cousa. Se non me resultase agradable o pouco labor que fago, non daría feito nada. Unha aperta--Raspiñeiro 17:01, 8 maio 2009 (UTC)
Desculpa que che volva dar a lata. Só é unha pregunta. ¿Como se marca unha páxina para revisar ou borrar?. A páxina aguia é penosa, pésima. Agora non teño tempo para variala, ¿como podería marcala?--Raspiñeiro 18:55, 8 maio 2009 (UTC)
- Por certo, se queres saber dalgunhas das miñas dúbidas, na miña páxina de usuario hai un apartado "dúbidas"--Raspiñeiro 20:59, 8 maio 2009 (UTC)
- Graciñas. Eu, por motivos laborais, non teño conexión a diario, ás veces só paro na casa un día á semana. A próxima semana non viaxarei moito, así que nos poderemos ver por aquí--Raspiñeiro 16:23, 9 maio 2009 (UTC)
Formas de palabras
[editar]Si, acaba de dicirmo Prevert. Vou ter que poñerme ao día das cuestións acordadas antes de seguir editando, porque case todas as palabras que meto son formas distintas da "neutra". --Gallaecio 10:46, 16 maio 2009 (UTC)
Agradecería que, cando tiveses tempo, pasases pola Taberna a dar a túa opinión. Intento que vaiamos chegando todos a un consenso e ir plasmándoo nunha completa páxina de axuda ao estilo da da Wikipedia. Un saúdo! -Gallaecio 16:14, 16 maio 2009 (UTC)
Todas as entradas
[editar]Boas!
Eu tamén teño claro que incluír todas as entradas é o mellor. De feito, e xa que pós exemplos do wiktionary en francés, debo engadir que tamén compiaría certas cousas del coma o de agochar as conxugacións verbais para que ocupen menos e non estorben visualmente o artigo, por exemplo. Pero como ben dis, é preciso facelo... con xeito.
Eu non estou seguro de se podo convencer a ninguén. Eu conversarei ata que se me acaben os argumentos, e tómese a decisión que se tome, teño por seguro que vou seguir traballando no wiktionary, quizais máis que antes. Son conciente de que as miñas colaboracións actuais poder "non aportar moito", é sendo conciente gústanme facer esas aportacións porque en certo modo é como un xogo para min que me mantén interesado no wiktionary -cando atopo unha palabra e me entran dúbidas sobre como é en galego, ou se é correcta, a meto tal cual, como a atope-, pero por outra banda xa me decidín a, sexa cal sexa o resultado do debate na taberna, colaborar para reducir a 0 os artigos que necesitan definición (algo máis de 6000). Comezaría xa, pero tampouco teño claro o estilo que seguir á hora de editar, e por iso prefiro acordar entre todos un estilo, deixalo plasmado na Wiktionary:Axuda, e continuar editando (máis ca nunca :)).
En todo caso, deixar claro que se decida o que se decida, eu vou seguir. A pesar das discrepancias, é xenial estar nunha comunidade coma esta. Así dá gusto. Un saúdo! --GallaecioE logo? 22:00, 17 maio 2009 (UTC)
Re compañerismo
[editar]Ola.
Claro, ti non ves o que eu porque non estás no meu pelello. Eu vexo o que a min este tema me afecta, ti non o ves. O usuario (que eu pensei que era administrador) que me servía de referencia no proxecto, considera que dous artigos son copyvio; as explicacións eran e seguen sendo insuficientes; dime máis adiante que non parou case a lelos; considera relevante que nun deles me quedase un texto (no outro non quedou); dime máis adiante que non sabe moito de copyvios...
Espero que algún administrador especifique onde está en realidade o copyvio, cal é o texto que é igual, que é o que non se pode facer. Desculpa se todo isto me parece unha tomadura de pelo. Danme ganas de repetirche de onde collín os datos do primeiro artigo e poñercho aquí outra vez como o puxen na páxina de Furagaitas. Vouno facer. Bah! mellor non, xa caseme dá igual todo isto.
Hai unha cousa que é verdade: Se un deses dous artigos se borra, deben borrarse todos os que fixen, pois todos foron creados con semellante esquema de traballo.
Sobre o compañerismo: Compañerismo tamén é dialogar previamente antes de propor para borrar e provocar a paralización completa doutro usuario. Compañerismo son moitas cousas. Ninguén é perfecto e quizais eu o máis imperfecto de todos. Furagaitas non fixo nada grave -xa o dixen-, nada grave para el, para o proxecto..., pero a min deixoume seco, tirado. Grazas por considerar que dramatizo.--Raspiñeiro 11:48, 30 maio 2009 (UTC).
Isto está presente na páxina de Furagaitas desde as 17:56, 26 maio 2009
Significante
[editar]A fonte de significante foi, para o primeiro significado, a wikipedia galega (literalmente: ...é a imaxe acústica que, unida ó significado, constitúe o signo lingüístico. Engadín o concepto de "gráfica" da miña propia man, por entender que a definición non estaba completa sen ese termo.
Para os outros significados, unicamente mirei o dicionario CUMIO. Este dicionario pon unicamente o seguinte:
''Que significa.''
eu puxen:
2. Dise daquilo que ten importancia e non é obviable. 3. Dise daquilo que representa, equivale ou supón unha outra cousa.
Polo que entendo, e dígoo con total seguridade, que as outras definicións foron creadas por min na súa totalidade. Sería verdadeira mala sorte que coincidisen coa definición doutro dicionario.
Coloco a continuación o que pon o dicionario do CUMIO:
1. f. Cada unha das partes de que se compón un todo. 2. Acción e efecto de seccionar. 3. Xeom. Figura que resulta da intersección dunha superficie ou sólido con outra superficie. 4. Perfil ou figura que se obtería cortando un terreo, corpo, obxecto ou máquina por un plano. 5. Cada parte ou grupo distinto no que se divide un conxunto ou un todo continuo. 6. Cada grupo mandado por un oficial no que se divide unha compańía ou escuadrón.
Por favor, indícame a semellanza co artigo sección (espero que a haxa), o artigo pon:
1. Acto e resultado de dividir, fraccionar ou separar en partes. 2. Cada un dos elementos, considerados por separado, que conforman un todo, ou aqueles en que o todo foi dividido ou fragmentado. 3. (Xeometría) Figura resultante da intersección cunha superficie doutra superficie ou sólido. 4. Imaxe que se percibe cando se corta un corpo ou un terreo. 5. (Exército) Grupo en que se divide un escuadrón.
Grazas de novo--Raspiñeiro 11:52, 30 maio 2009 (UTC)
- Desculpa o meu ton e a miña agresividade, ¿pero, realmente, segues a pensar o mesmo?--Raspiñeiro 12:08, 30 maio 2009 (UTC)
Realmente, no Cumio na entrada significante pon o mesmo que o que está sombreado aquí de amarelo (a primeira liña de texto precedida de "1. adx."). Grazas Elvire. [ Furagaitas * ] 17:08, 30 maio 2009 (UTC)
- Sei de alguén que non atende a razóns.
Obvia que a Galipedia tamén pon iso (agás unha palabra) e que non se pode poñer doutra maneira pois trátase de terminoloxía específica que non é eludible--Raspiñeiro 23:46, 30 maio 2009 (UTC)- Se ti podes expresalo doutro xeito máis diferente aínda do que pon O Cumio (POIS NON HAI SEMELLANZA NINGUNHA ENTRE O QUE PON O CUMIO E O ARTIGO), bótame unha man (cando menos iso entendo eu por ser compañeiro)--Raspiñeiro 23:53, 30 maio 2009 (UTC).
- Sei de alguén que non atende a razóns.
Por outra banda, considero que o teu papel neste pequeno conflito foi fondamente negativo, pois me obrigaches a facer unha recensión de todo o que me pasou pola cabeza durante varios días, e tiven que facer esa recensión cando as cousas xa estaban calmas, recensión que Furagaitas semella entender como un cambio no meu proceder ou actitude (cousa que non é así). Terei agora que editar na páxina de Furagaitas para explicar que o que lle dixen na última mensaxe a el é posterior a todo o que che dixen a ti. Comprenderás que ante as túas acusacións (falta de compañerismo, dramatización), acusacións relevantes, tiña que explicar o porqué do meu proceder no seu momento. Por favor, non nos ensarilles máis--Raspiñeiro 00:04, 31 maio 2009 (UTC)
- O máis incrible de todo, vendo o que pon Furagaitas unhas liñas máis arriba, é darse de conta da ligazón que coloca (esta) e considerar que, se a entrada se borra, no caso de volverse crear exactamente igual, ninguén pode dicir que é copyvio, pero é que non o é xa agora dado que Furagaitas borrou o texto procedente do dicionario "do Cumio" (texto que nada ten que ver co texto do artigo que agora mesmo está presente). --Raspiñeiro 01:29, 31 maio 2009 (UTC)
- Grazas. Grazas por rectificar ou por intuír que é posible que debas rectificar, aínda sen rectificar (Dáme igual que rectifiques ou non). Grazas por ler, por pararte a ler, por poñer o diálogo por diante de todo.
- Tras diso, dáme igual o que dixeras e mesmo o que acabas de dicir: O que me importa é a actitude e a túa é acolledora para con todos.
- Ó usuario co que teño conflito tíñao moi doado, bastáballe dicir que me enviara unha mensaxe sen tela moi ben pensada (sen tela calibrado moi ben), que non reparara en moitos factores posibles, que era mellor preguntarlle a alguén que soubese máis, e eu mesmo tería feito esa pregunta. Tras todo o pasado, renego de seguir editando: Administradores, ¿ulos? (¿onde están?). Con razón ou non, o tempo corre contra min (o tempo sempre corre contra o máis feble): F... seguirá sendo igual tanto eu estea como non estea, pero eu non serei o mesmo, e eu só pretendía ser un usuario que colabora coa guía dos seus predecesores, mais nada, pero con respecto--Raspiñeiro 20:17, 1 xuño 2009 (UTC)
Por certo, relendo o que che escribín observei que faltaba algo. Falta a primeira definición do dicinario do Cumio para a primeira palabra, a definición paralela a esa que eu escribín como -desculpa, pero non me dera conta ata o de agora-: a imaxe acústica ou gráfica que, unida ó significado, constitúe o signo lingüístico. Pois ben, o dicionario do Cumio pon: m. Ling. Parte do signo lingüístico que corresponde á súa representación, fonética ou gráfica. ¿A quen sen ganas de terxiversar ou amolar se lle pode ocorrer que hai copyvio?. Eu estou convencido de que hai unha man negra que vén a por min--Raspiñeiro 20:53, 1 xuño 2009 (UTC)
- ¿Onde está "Dios"?--Raspiñeiro 21:07, 1 xuño 2009 (UTC)
Re: Boas
[editar]Moitas grazas pola túa confianza Elvire. E moitas grazas por seguir acompañándome neste proxecto. [ Furagaitas * ] 11:14, 2 xuño 2009 (UTC)
Boas Elvire. ¿Non cres que sobra a Categoría:Familiar (e Categoría:Familiar en francés) se xa temos Categoría:Coloquial (e Categoría:Coloquial en francés)? ¿Ti que opinas?. [ Furagaitas * ] 14:00, 4 xullo 2009 (UTC)
Re: Cousas raras
[editar]Ola Elvire! Xa sabes que non é molestia ningunha. Alégrame verte por aquí e que sigamos resolvendo problemas xuntos. Ultimamente houbo cambios no sistema, xa me decatara. Pero penso que non hai nada que funcione mal; espero que non.
Co da axuda nas páxinas de edición non sei a que te refires; eu vexo unha ligazón ("Axuda para a edición") á dereita dos tres típicos botóns (o certo é que non recordo a onde ligaba antes, agora liga cunha páxina inexistente).
O outro problema que me comentas é debido ó signo « = » (realmente emprégalo dúas veces). Supoño que o sistema interpreta que estás asignándolle un valor a unha variable con ese signo igual (está dentro dun modelo, para máis detalle dentro dun modelo cun switch). Para que non aconteza isto, se queres usar ese símbolo, emprega o seu código html, é dicir, « = ». Supoño que isto foi sempre así e non se debe a un cambio no sistema. Non modifiquei o caso de fotografía por se queres comprobar ti mesma que funciona.
Moitas grazas, porque con isto tamén aprendín eu algo que non se debe facer. Un saúdo, compañeira. [ Furagaitas * ] 00:02, 15 xullo 2009 (UTC)
- Ola de novo. Agora xa sei a que te referías con iso da axuda. Eu non adoito usala, por iso non me dei conta; pero tes ti razón de que pode ser moi útil. No outono falara Sobreira de ampliala, pero quedou pendente como outras moitas cousas. Intentarei dar co fallo, pero moito me temo que isto é tarefa dun administrador.
- Como podes ver eu ultimamente desistín (temporalmente) de propor administradores, modelos de artigo, etc. O Galizionario está deserto, e aproveito para completar páxinas, corrixir erros,... A ver se creo algún artigo novo para desenferruxar un pouco o contador. [ Furagaitas * ] 15:49, 19 xullo 2009 (UTC)
Categoría:Toponimia
[editar]Ola Elvire. Verás... Eu considero imprescindible que toda definición ou conxunto de definicións leven a súa cabeceira de categoría gramatical. Para este tipo de palabras dispomos das cabeceiras Substativo e Topónimo (non temos, como noutros wiktionaries, as cabeceiras Nome propio ou Substantivo propio). Desas dúas é Topónimo a que considero máis axeitada; e o feito de que categorice en Toponimia faino, ó meu entender, o máis axeitado (quizá non é a solución óptima, pero das que temos polo de agora, pareceme a mellor). Unha das pegas que lle vexo é que en Toponimia queden categorizadas entradas de tódalas linguas. Habería que modificar o modelo para que categorizase por lingua (pero realmente pasa o mesmo con moitos {{sem}} nos que non se especifica a lingua). Un saúdo. [ Furagaitas * ] 23:53, 29 xullo 2009 (UTC)
Grazas pola benvida
[editar]- Ola Elvire. Pois regresei e espero que será con continuidade e con ánimos renovados. Se nalgunha ocasión tes dúbidas da lingua ou doutra cuestión, non dubides en mo comunicar, porque vexo que es unha asidua colaboradora do Galizionario e está ben estarmos en contacto permanente para conseguir que o proxecto vaia adiante con máis calidade. A unión fai a forza. Moi boas as túas edicións, polo que estiven vendo. Cóidate. --Xoán Carlos Fraga 17:56, 27 agosto 2009 (UTC)
- Ola, grazas pola axuda. Que tal vai? Paréceme interesante a proposta que apuntache na taberna de que aparezan todas as ligazóns aos wikicionarios, podería ser un salto cualitativo para o proxecto wiki global. Cóidate. --Xoán Carlos Fraga 00:38, 29 agosto 2009 (UTC)
tártaro de Crimea
[editar]Poderás observar que reducín considerábelmente a túa definición, xa que penso que era demasiado longa para seren unha definición de diccionario. Saúdos. --Norrin strange 15:03, 7 setembro 2009 (UTC)
Ola Elvire. Unha cousiña: moitas das palabras que empregan este modelo son incorrectas en castelán. Recoméndoche que vaias comprobando se son correctas antes de cambialo por {{-subst-}}, aínda que non corrixas as que sean incorrectas, por que así serán máis boas de localizar máis adiante. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 22:47, 11 outubro 2009 (UTC)
Aniversario
[editar]Ola Elvire. Segundo acabo de ver, hoxe fai 2 anos da túa primeira colaboración co Galizionario. Quería felicitarte por este aniversario e agradecerche o tempo que lle tes adicado a este proxecto, así como a compaña que me fixeches e o apoio que me deches. Que teñas un bo 2010. [ Furagaitas * ] 15:34, 30 decembro 2009 (UTC)
Novas propostas
[editar]Ola. Gustaríame que lle botases unha ollada a isto. Con esta mensaxe non pretendo buscar o teu apoio, simplemente quería avisarte para que non caia en saco roto e se perda entre os moitos temas da Taberna. [ Furagaitas * ] 15:20, 12 xaneiro 2010 (UTC)
entrada enfermidade
[editar]Ola Elvire. Son Xoio (Luís Daviña) e quería facerte uns comentarios.
O primeiro, por que retiraches o completar?
O segundo, e máis importante para min, é que non concordo coa definición de enfermidade que, ao meu modesto entender, non é unha verdadeira definición e que, ademais, semella ser máis ben a de doenza, sinónimo de enfermidade.
Esta tarde (desde as 5) e parte da noite (agora é xa a 1 da madrugada) estiven tratando de editar a entrada e, varias veces, as miñas modificacións desapareceron, non sei debido a qué, porque son un novato aquí (talvez por ocupar demasiado espazo, xa que incluín moitas locucións do tipo de enfermidade aguda, enfermidade de Crohn, enfermidade infecciosa, etc.).
Desculpa por estes comentarios, se que te incomodaron dalgunha forma. A miña intención (como a de todos os wikipedistas) é a de mellorar no posíbel a cousa.
Un cordial saúdo--Xoio
Contento
[editar]Eu si que me alegro de ver que todo che vai [máis ou menos] ben e que aínda te acordes do Galizionario. Grazas polos parabéns, pero o mérito non é meu só. A ver se te vemos de novo por aquí pronto; xa sabes que se algunha dúbida tes cos cambios, por aquí andamos para axudar. Felices festas, próspero ano, e moooita saúde. [ Furagaitas * ] 16:54, 22 de decembro de 2010 (UTC)