Conversa usuario:Xoán Carlos Fraga

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Está moi ben, dende logo mellor que as que fixen eu, ao ser o Galizionario un dicionario multilingüe é mellor poñer xa no comezo a lingua a que pertence a palabra que se define, e, aínda que neste caso non parece, en moitos outros casos a entrada vale para varias linguas, saúdos--Rocastelo 22:03, 21 decembro 2005 (UTC)

verbo cabalgar[editar]

Ola, User:Xoán Carlos Fraga. Parabéns polas novas entradas que fixeches, están moi ben. Nesta páxina poderás atopar todos os modelos que hai no dicionario, non están todos faltan bastantes, mais si está o de cabalgar que é igual ao de cazar. Para trocar o de "personais" por persoais hai modificar todos os modelos desa páxina. Un saúdo--Aricum 12:49, 22 decembro 2005 (UTC)

  • Ola, a política do resto dos wiktionarios, polo que puiden ver, é facelo na mesma páxina, podes ver o caso de case no wiktionary en inglés:[1]. Para o outro que me comentas quizais a solución sería facer templates para eses casos, quizais Auricum saiba como se fai sen necesidade de template, el ten máis experiencia co Galizionario. Respecto á utilización do dicionario Estravís, o propio autor establece que recolleu: léxico comum da língua e léxico patrimonial galego, português, brasileiro e de outros países lusófonos, polo que dende o meu punto de vista non se debera utilizar como dicionario de referencia para a elaboración dun dicionario galego, é por suposto unha opinión persoal, saúdos.--Rocastelo 17:55, 22 decembro 2005 (UTC)
  • Xa respostei ao teu correo. É unha sorte terte aquí. Un cordial saúdo. --Prevert 22:21, 22 decembro 2005 (UTC)
  • Noraboa, xa tes os permisos de administrador no Galizionario. Un cordial saúdo. --Prevert 12:53, 8 xaneiro 2006 (UTC)

Bot[editar]

Olá, poderia opinar aqui? Gostaria de saber se meu bot seria bem-vindo neste Wiktionary. :) --555 21:53, 27 xaneiro 2006 (UTC)

Boas[editar]

Ola, ante todo saúdos: son Sobreira 01:12, 25 novembro 2006 (UTC) e tamén ando na Galipedia, sobre todo categorizando. Para a miña desgraza son un lexicógrafo incipiente, máis ben un semantista: digo "para desgraza" porque o Galicionario é un proxecto demasiado interesante para min, aínda que teño xa demasiadas frontes abertas na Galipedia (e no curro) como para poder desfrutalo. O meu principal interese no que poida de momento facer no Galicionario en concreto é o de dicionarios bilingües (ou tamén multilingües, agora che conto por onde van os tiros). Dado que dende hai pouco tamén teño os botóns de protexer e borrar, e vexo que andas traballando ultimamente por aquí, quería preguntache se traballas a pelo. Quero dicir: fas as entradas tecleando letra a letra? Tiven varias ideas e quería compartilas contigo para ver se tes algún consello ou podemos poñernos de acordo:

  • a de sistematizar a introdución de entradas mediante modelos, cousa que en boa medida xa está feita, pero que creo que con esforzo se pode mellorar moito (bastante, pero logo moi rendible);
  • isto está en conexión co mecanismo que xa probei unha vez, que usei aquí, onde somos o mellor dicionario bilingüe (antes de que cambiasen a presentación, saíamos na an:Portalada con máis de 350 entradas cando o seguinte máis grande era o an-es con 64). Iso foi porque o automaticei practicamente todo con Access (salvo editar, logo era copiar e pegar). Ainda que o programei para bilingüe e teño que adaptalo a multilingüe, non creo que precise moito tempo (outro conto é que o teña).
  • polo que me poño en contacto contigo é porque podemos utilizar este sistema compartindo o programa, repartíndonos e intercambiando arquivos coa información que teñamos e dividindo o esforzo, podemos falalo cando o teña preparado (se non tes soltura en Access non te preocupes, non é moi complicado).
  • sabes de índices, listados, glosarios, vocabularios (monolingües en galego ou bilingües) por aquí? (de momento mirei uns de enfermidades, paxaros cos seus nomes científicos, etc.). Paréceche ir clasificándoos nunha categoría especial? E ir separando as páxinas de axuda e xestión en categorías que comecen por "Galicionario:" ou "Wikcionario:" ou o que sexa?
  • o que programei é para listados por letras de dicionarios, non probei para páxinas-artigos, pero xa tiven en conta a relación entre eles (v. no verbo aragonés fer) e creo que se pode programar para crear páxinas (en táboas de verbos, o esforzo aforrado resultaría moi evidente)

Conto con estar liado redactando as actas dun congreso ata esta fin de mes (poida que algo máis), pero en Nadal (teño vacacións a primeira e a última semana do mes) volverei á carga. --Sobreira 01:12, 25 novembro 2006 (UTC)

imos bebendo...[editar]

Acabo de parar un rato (para ir ó super, por tabaco, poñer a lavadora e recoller un pouco o cuarto) e vexo que respondiches. Unhas cousiñas pequenas:

  • Acabo de meter tódalas categorías de linguas en category:Entradas por lingua. A miña idea é que mediante as categorías tamén se poida navegar
  • A idea da automatización é para ser sistemático. Non debería ser que galego teña equivalencias a chorrocientas linguas e logo galicien teña moitas menos. Canto a Access, non pode ser moi complicado vindo de min. Esta mañá decateime de que en realidade xa o tiña programado, pero acábaseme de acordar unha idea para compatibilizar o traballo compartido e vou no mellorar.
  • De listados e categorías índice vou ir comezando a meter cousas de xestión e administración na miña páxina. Cando vaia tendo algo, avísote.
  • Sobre o de comprometerse ou implicarse, falas con el-Rei da inconstancia. Non te preocupes con iso, sei que todo o mundo tén vida propia: era simplemente para saber se estabas disposto nun futuro a ir facendo algo ós poucos.

Saúdes e saúdos --Sobreira 20:33, 25 novembro 2006 (UTC)

  • É boa idea o d'Os vellos non deben de namorarse. 45 non son demasiadas e é asequible ilas subindo. Todo depende das modificacións que haxa que facerlle. Se queres pásamas por correo a ver se non me perdo e o programo rápido e as subimos entre os dous. Se non sabes como facelo coa quinta opción debaixo de procurar, avísame. Así tamén lles podemos buscar os equivalentes noutras linguas. --Sobreira 16:23, 30 novembro 2006 (UTC)

Grazas[editar]

Grazas pola benvida e por correxir os erros que fun atopando... así como os posibles erros que poida ter nas miñas colaboracións. Furagaitas 17:41, 20 setembro 2007 (UTC)

unha cousa que non entendo[editar]

Boas Xoán Carlos. Alégrame ver que decidiches volver por aquí e espero que xa dimitiras do teu título do "Rei da insconstancia". Ben, ó grano. Vexo que nas palabras que acabas de completar mantés a palabra encabezando a definición:

  • Entrada conxugación: Substantivo feminino. conxugación f (sg: conxugación; pl: conxugacións)

Como podes ver aquí, preguntei hai uns días sobre a razón de ser desa repetición. Se "conxugación" xa está na entrada, ¿porque repetila logo? ¿Se xa está categprizada como substf ¿por que volver a insistir en que é "f"?

Eu, pola miña conta, decidín non repeti-la entrada e como verás nas que vou facendo nunca o poño (mesmo cheguei a borralo nalgunhas que completei ou modifiquei). Furagatitas parece que tampouco entende os motivos salvo en entradas grandes (excepción que non comparto) e salvo no latín (que non entendo porque non sei qué é iso do nominativo e do xenitivo). Bueno, xa nos contarás que pensas e se procede ou non toma-la norma de mantelo (e sería cousa de facelo todos) ou eliminalo (e o mesmo, claro). Saúdos, Pedro --P Lameiro 11:14, 6 agosto 2008 (UTC)

Boas[editar]

Moi boas, X. C., agradécese a túa volta a estes lares. Á parte da falta de colaboradores que temos no Galizionario, hai unha ausencia absoluta de administradores, polo que a túa presenza resulta ata certo punto tranquilizadora. Como saberás, Prevert renunciou ós privilexios de administrador, e Sobreira e o resto de administradores hai tempo que non se pasan por aquí, polo que hai certos aspectos de mantemento e vixilancia que están abandonados. Ofrézome para indicarche algunhas destas tarefas pendentes, así como para resumirche o estado actual do Galizionario. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 15:15, 24 agosto 2009 (UTC)

Velaquí algunhas tarefas pendentes:
Propio de administrador:
Polo momento non se me ocorre máis nada, pero penso que xa tes para facerte unha idea do traballo pendente.
Ultimamente andamos por aquí Elvire, Norrin strange (creando traducións, principalmente) e eu (corrixindo, completando e dando formato). Ata comezos do verán tamén colaboraban asiduamente Gallaecio (entradas novas e políticas) e Raspiñeiro (=Lmbuga, con entradas novas en galego). Prevert apenas pasou por aquí desde maio, Sobreira desde decembro, Lameiro desde outubro, e Aricum desde decembro do 2007.
Grazas pola atención :) . Para calquera cousa, por aquí andamos. [ Furagaitas * ] 15:49, 25 agosto 2009 (UTC)
Por se algunha dúbida che xurdise, as páxinas propostas para borrar rematadas en -ar foron gardadas (xunto con outras 65 que borrou hai máis dun ano Prevert) erroneamente como verbos, cando realmente son adxectivos; ademais non teñen definición, só conxugación, polo que non aportan nada. Na miña páxina de usuario hai outras cinco dubidosas.
Respecto ás páxinas conx.durmir, conx.moer, etc, coido que o máis correcto sería combinar os seus historiais cos de durmir, moer, etc.
Grazas por poñerte tan axiña ó choio. [ Furagaitas * ] 21:43, 25 agosto 2009 (UTC)

De momento non se me ocorre máis nada que engadir á lista de tarefas de administrador. O de fusionar historiais se queres aparcámolo. Cando queira modificar un modelo protexido comentareicho. Sobre o dos interwikis da Páxina Principal darei unha opinión definitiva dentro de pouco (quero facer algún ensaio primeiro). O de borrar redireccións inútiles (as que só teñen unha edición e non teñen obxectivo, como as de maiúscula a minúscula) se queres irlle dando pouco e pouco, é unha tarefa pendente, pero penso que es máis útil noutras tarefas como a de completar. De feito penso que o de completar é unha tarefa na que todos nos deberiamos poñer a traballar, porque xa levamos tempo de máis arrastrando ese lastre. Eu agora ando liado con cuestións de formato (homos e outros modelos para formatar e categorizar). Outra tarefa que habería que atender é a de corrixir os erros das entradas en italiano subidas por Botsobreira; moitas acepcións quedaron por erro sen a correspondente tradución ó galego; habería que completalas consultando outros dicionarios.
A ver se algún destes choios che van ben, senón buscamos outra cousa ;). [ Furagaitas * ] 00:04, 1 setembro 2009 (UTC)

RE[editar]

Boas Xoán carlos

Desculpa a tardanza en contestar. Grazas polos teus parabéns.

Respecto ao que me dis, eu non inventei a estrutura da miña páxina, copieina dun usuario da Galipedia, e logo pouco a pouco fun modificándoa. As cousas que teño, pois ti mesmo podes ver o código fonte, e se tes algunha dúbida pregunta sen problema. --Norrin strange 08:03, 26 agosto 2009 (UTC)

Benvido de novo ![editar]

Ola Xoán Carlos ! Encantadissima de ver que volves por acá. A ver si lle colles gusto, é todo o que eu desexo. Nunca dudes en corrixirme e en chamarme a atención para todo o que vai a favor do proxecto. Saúdos Elvire 10:20, 27 agosto 2009 (UTC)

Zodíaco[editar]

Ola. Boa idea no tema do zodíaco (refírome a recoller os diferentes zodíacos existentes). Hai que ter coidado, xa que á parte da páxina orixinal Wiktionary:Apéndice:Zodíaco‎, creouse este día Wiktionary:Apéndice de Zodíaco. Conviría borrar esta última.
Por outro lado, non sei no caso do zodíaco, pero os nomes das constelacións deberían ir en maiúscula, como nomes propios que son. ¿A ti que che parece? [ Furagaitas * ] 19:02, 27 agosto 2009 (UTC)

Interwikis da Páxina Principal[editar]

Vou facer unha proposta na Taberna, a ver que che parece. [ Furagaitas * ] 18:13, 28 agosto 2009 (UTC)

todo vai ben[editar]

Poís non podes saber o que me alivia de ter en actividade un usuario con animo de colaborar a miudo e que por demáis é administrador. Non vaias pensar que con esto quero meterche a pressión. Polo de momento somos mui poucos para andar con decisións de comunidade importantes e é unha garantía de pretección para o proxecto cun usuario teña ferramentas adecuadas, non por eso tes obrigación de amañar de seguida todas tarefas de mantemento que só poden facer os administradores. É mui importante que atopes tamén tarefas que che gustan, que vaias acostumandote a colaborar cos outros que andamos por aquí, que teñas prazer en mellorar a calidade e a cantidade do Galizionario. Eu uso bastante este sitio web [2] e agora xa incluiu o galego e da en referencia o Wiktionary na version en galego ! A ver si nos animamos, porque ainda que non lle llegamos aos pés doutros dicionarios galegos, somos unha ferramenta con posibilidades únicas, eu aprendo moito. Sen máis Xoán Carlos, ponte a gusto Elvire 00:45, 29 agosto 2009 (UTC)

Varias cousas[editar]

Boas. Mira unhas cousiñas:

  • Xa temos a páxina Wiktionary:Apéndice de anatomía, a que acabas de crear é innecesaria.
  • Lagartixa creo que vén recolleito no Estravis.
  • No tocante á pronuncia, a metafonía non é un gran problema, xa que se pensamos noutros fenomenos admitidos pola norma como o yeísmo, a gheada, o seseo, ..., estariamos aviados. Co tempo xa iremos subindo as realizacións que poidamos. O que teriamos sería que transcibir as pronuncias válidas para cada palabra (realmente eu estou en contra disto, como dixen hai xa dous anos aquí, pero parece que a xente é o que quere).

Por outro lado, interesante exposición das túas aptitudes para pórlle voz ó Galizionario. Quero eu que habemos estar ben representados ;) Saúdos. [ Furagaitas * ] 01:24, 19 setembro 2009 (UTC)

  • Lagartixa creo que vén recolleito no Estravis. Si, pois podemos indicar que lagartixa non se admite RAG, e que Estravís o recolle (que raro no Estravis se no portugués é lagarta; debeuselle pasar a Estravís, non me estraña co enorme traballo que tiña). A ver, lagartixa é un castelanismo disfrazado, está claro, o enxebre é lagarta e a referencia da lingua portuguesa está clara, diga o que diga o dicionario Estravís, outra cousa é que lle preguntárasmo de viva voz a Estravís. --Xoán Carlos Fraga 07:56, 19 setembro 2009 (UTC)

Estou totalmente de acordo en iso de poñerlle un aviso conforme que esa palabra non é admitida pola RAG. Esa era a miña idea desde xa hai tempo, pero hai tantas cousas nas que invertir o tempo que fun deixando iso. Existen xa algunhas mensaxes como modelo:BARBARISMO, modelo:castelanismo, etc, pero penso que son mellorables. Por outro lado, non coñezo a distribución exacta da palabra, nin o considero de grande importancia. O Glosario de Voces Galegas de Hoxe rexistra lagartixa en 20 puntos, e lagarta en 7. [ Furagaitas * ] 11:48, 19 setembro 2009 (UTC)

A verdade é que dixen algún disparate co de lagarta e lagartixa no portugués. Lagarta en portugués equivale á eiruga (do galego) e popularmente tamén pode ser lagarta (consultado o Priberam en liña), e lagartixa si que está recollido no portugués. Por tanto, non queda claro que lagartixa teña que ser necesariamente castelanismo. O VOLGA só recolle lagarta. --Xoán Carlos Fraga 09:50, 5 de maio de 2010 (UTC)

arquivos de son[editar]

Para grabalos podes empregar este programa: harddiskogg que pode servir e que é gratis. Precisas ademais dun micrófono (eu non teño e por iso non podo grabar). Os arquivos deben de ir en formato "OGG" (.ogg). Cando fagas o primeiro súbeo á Galipedia e eu o reviso antes de subilo a Commons. --Norrin strange 14:46, 27 setembro 2009 (UTC)

Subir arquivos de son a commons[editar]

  1. Entrar en Commons.
  2. Ir a Upload file, na columna da esquerda.
  3. Ir a It's entirely my own work.
  4. Darlle a Examinar e seleccionar o arquivo de son que se quere subir.
  5. No campo Destination filename pór Gl-(palabra).ogg.
  6. No campo da data introducir a data, formato AAAA-MM-DD (ano-mes-día).
  7. Engadir a descrición: Pronuncia de "(palabra)".
  8. Seleccionar a licencia recomendada.
  9. Engadir á categoría Galician pronunciation.

Por se che sirve . --Norrin strange 10:31, 2 outubro 2009 (UTC)


Como vai o da gravación de arquivos de son? --Norrin strange 15:52, 16 outubro 2009 (UTC)

O tema é que tes que ter un micro, que se enchufa nun sitio diferente aos altavoces. Por iso eu non podo gravar, porque non teño micro. Seica podemos pór un aviso na Galipedia a ver se alguén pode botarnos unha man. --Norrin strange 10:37, 20 outubro 2009 (UTC)

Boas[editar]

Ola! Pódeslle botar unha ollada isto?: Actualización do modelo 'sem'. Grazas. Feliz ano. [ Furagaitas * ] 01:16, 30 decembro 2009 (UTC)

Graciñas; o modelo xa queda actualizado. Se queres podes volver a bloquealo. [ Furagaitas * ] 00:44, 4 xaneiro 2010 (UTC)

Novas propostas[editar]

Ola. Gustaríame que lle botases unha ollada a isto. Con esta mensaxe non pretendo buscar o teu apoio, simplemente quería avisarte para que non caia en saco roto e se perda entre os moitos temas da Taberna. [ Furagaitas * ] 15:21, 12 xaneiro 2010 (UTC)

Caixa de contribucións[editar]

Ola, boas. ¿Que che parece se enchemos isto con isto? É unha mensaxe do sistema, que existe na Galipedia, pero que non se chegou a traducir no Galizionario. Pode aforrarnos traballo á hora de seguirlle a pista a outros usuarios (especialmente ós descoñecidos). Coméntocho a ti porque só un administrador o pode facer. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 16:49, 29 xaneiro 2010 (UTC)

Moitas grazas. Hai un pequeno erro: habería que cambiar as tres veces que aparece a palabra "wikipedia" por "wiktionary". Desculpa, non me dei conta antes. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 17:41, 3 febreiro 2010 (UTC)

Importar páxinas da Galipedia.[editar]

Bos días Xoán Carlos.

Estiven traballando movendo estas cousas cara ó Galizionario. Hai artigos que levan marcados con "mover" moito tempo.

Nesas estaba cando Toliño díxome que así non se fai, que ten que ser un administrador do Galizionario o que importe os artigos. Ti es o único que atopei activo! Así que ... non sei se lle podes votar un ollo ou explicarme se hai outra maneira de facelo na que eu poida colaborar.

Grazas e un abrazo. --HombreDHojalata 12:48, 17 febreiro 2010 (UTC).

Cousas para ti[editar]

Boas Carlos. Tiña unhas tarefas para un administrador, a ver se te podes encargar ti:

{{lingua|[[galego|Galego]]}}
<includeonly>[[Categoría:Galego]]</includeonly><noinclude>[[Categoría:Wiktionary:Modelos para o galego]]
[[Categoría:Wiktionary:Modelos de sección de lingua|gl]]
[[an:Plantilla:-gl-]]
[[ast:Plantía:-gl-]]
[[da:Skabelon:-gl-]]
[[es:Plantilla:GL-ES]]
[[eu:Txantiloi:-gl-]]
[[it:Template:-gl-]]
[[oc:Modèl:=gl=]]
[[ru:Шаблон:-gl-]]</noinclude>

Graciñas. Se non estás de acordo con algún dos cambios dimo. Ata loguiño. [ Furagaitas * ] 01:39, 25 febreiro 2010 (UTC)

Pois non che sei como se fai. É unha opción que debedes ter os administradores. Refírome a bloquear as páxinas que mencionei para que só as poidan editar os usuarios autoconfirmados (que me parece que son os que levan máis de catro días rexistrados). [ Furagaitas * ] 23:08, 25 febreiro 2010 (UTC)

Moitas grazas!! [ Furagaitas * ] 23:22, 25 febreiro 2010 (UTC)

Ligazón externa[editar]

Ola! Proba con isto:

*[http://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Xoán_Carlos_Fraga Eu na Galipedia]

ou con isto:

*[[w:Usuario:Xoán_Carlos_Fraga|Eu na Galipedia]]

[ Furagaitas * ] 23:05, 17 de abril de 2010 (UTC)

Nova aparencia[editar]

Boas Carlos. Como xa verías, a partir de onte (1 de setembro) a aparencia que ten o Galizionario por defecto é a Vector (Iniciativa de Usabilidade). Algúns dos cambios non son adecuados e cómpre axeitalos ó Galizionario como xa se fixo na Galipedia. ¿Poderías substituír o contido disto por isto? Grazas e saúde. [ Furagaitas * ] 23:54, 1 de setembro de 2010 (UTC)

Moitas grazas polos cambios. Algúns deles xa se poden ver (como por exemplo o fondo amarelo do "N" de 'artigo novo'); outros (en concreto os que atinxen á Páxina Principal) non fixeron efecto. Cómpre substituír en MediaWiki:Vector.css os 7 casos de Main_Page por Páxina_Principal (ou o que é o mesmo, substituír o contido disto por isto). ¿Fas o favor? Graciñas. [ Furagaitas * ] 00:43, 4 de setembro de 2010 (UTC)

Nun primeiro momento crin que non estaba solucionado o tema da portada, pero agora vexo que si. Falta un detalliño. ¿Poderías cambiar o primeiro parágrafo do Modelo:Wikipediairmáns

{| class="rad" padding="0" cellpadding="2" width="100%" align="center" style="font-size:90%; background:#F1FAFF; border:3px solid #C6E4F2; padding:0.5em 1em 0.5em 1em; margin-top: 1em"

por estoutro:

{| class="rad" padding="0" cellpadding="2" width="100%" align="center" style="font-size:90%; background:#F1FAFF; border:2px solid #C6E4F2; padding:0.5em 1em 0.5em 1em; margin-top: 1em; -moz-border-radius:10px;"

¿Poderías tamén cambiar o nivel de protección dos modelos {{ang}}, {{ar}}, {{ay}}, {{Br}}, {{br}}, {{Ca}}, {{ca}}, {{chy}}, {{Da}}, {{da}}, {{De}}, {{de}}, {{En}}, {{en}}, {{enm}}, {{Es}}, {{es}}, {{Eu}}, {{eu}}, {{Fr}}, {{fr}}, {{Gl}}, {{gl}}, {{grc}}, {{got}}, {{It}}, {{it}}, {{La}}, {{la}}, {{Nl}}, {{nl}}, {{Pt}}, {{pt}}, {{sl}}, {{sv}} a usuarios autoconfirmados? [ Furagaitas * ] 14:14, 15 de novembro de 2010 (UTC)



Boas Carlos. Teño un traballiño para ti. Estiven deseñando unha actualización dos arquivos que configuran a aparencia e a funcionalidade do Galizionario coas que mellorariamos substancialmente nestes aspectos (deixei información ó respecto na Taberna). Se non tes inconveniente, ¿poderías facer o seguinte?:

/* Calquera JavaScript que haxa aquí será cargado para os usuarios que usen a aparencia Monobook */
/* Calquera JavaScript que haxa aquí será cargado para os usuarios que usen a aparencia Vector */

Aproveito para desexarche moita sorte para o 2011. [ Furagaitas * ] 02:19, 29 de decembro de 2010 (UTC)

Moitas grazas. Os cambios deron o resultado esperado. Pouco a pouco irán saíndo a relucir as novidades. [ Furagaitas * ] 22:57, 30 de decembro de 2010 (UTC)

Borrar[editar]

Ola Carlos. Fasme un favor? Podes borrar estas redireccións para facer sitio para mover?: Modelo:Sabías que/7 de novembro, Modelo:Sabías que/19 de xaneiro, Modelo:Sabías que/25 de xaneiro, Modelo:A palabra do día/6 de novembro, Modelo:A palabra do día/6 de outubro, Modelo:A palabra do día/29 de novembro, Modelo:A palabra do día/1 de xaneiro, Modelo:A palabra do día/1 de marzo, Modelo:A palabra do día/1 de abril, Modelo:A palabra do día/1 de maio, Modelo:A palabra do día/1 de xuño, Modelo:A palabra do día/1 de xullo, Modelo:A palabra do día/1 de agosto, Modelo:A palabra do día/1 de setembro, Modelo:A palabra do día/1 de outubro. Moitas grazas. [ Furagaitas * ] 22:11, 5 de abril de 2011 (UTC)

Non reparaches en que eran redireccións e borraches as páxinas ás que redirixían. Xa están restauradas as boas; se podes borras as malas? Un saúdo. [ Furagaitas * ] 09:52, 7 de abril de 2011 (UTC)
Perfecto, agora si. Graciñas compañeiro. [ Furagaitas * ] 14:49, 8 de abril de 2011 (UTC)

Boas. A ver se me podes borrar estas redireccións: Modelo:A palabra do día/1 de novembro, Modelo:A palabra do día/7 de setembro, Modelo:A palabra do día/7 de decembro, Modelo:A palabra do día/9 de decembro, Modelo:A palabra do día/10 de novembro, Modelo:A palabra do día/12 de xaneiro, Modelo:A palabra do día/14 de xaneiro, Modelo:Sabías que/5 de xaneiro, Modelo:Sabías que/7 de agosto, Modelo:Sabías que/13 de agosto, Modelo:Sabías que/19 de agosto, Modelo:Sabías que/31 de xullo, Modelo:Sabías que/31 de decembro. Se che sobra tempo podías facer limpeza na categoría Wiktionary:Páxinas para borrar. Saúde! [ Furagaitas * ] 17:31, 12 de maio de 2011 (UTC)

Moi ben. As tres categorías que contén Wiktionary:Páxinas para borrar tamén as podes borrar. De paso, ¿pódesme borrar estas redireccións?: Modelo:A palabra do día/15 de xaneiro, mon, reunír, tronco do encefalo, Modelo:-roa-, Modelo:conx.poder, Modelo:conx.pracer, Modelo:conx.gl.pod-er, Modelo:conx.valer, Modelo:conx.gl.-valer, Modelo:conx.ler, Modelo:conx.reler, Adenoide, Abietáceas, Amarre espacial, Arte de pesca, Anguis Fragilis, Baleirense, Belgrado - Beograd, Boborense, Broken/es, Bucaresti - Bucureşti, Bután - Druk Yul, Can menor, Can maior.
Fenomenal! Graciñas socio. [ Furagaitas * ] 21:55, 13 de maio de 2011 (UTC)

Importar[editar]

Ola, poderías importar algunha destas?--HombreDHojalata 18:58, 14 de xullo de 2011 (UTC) Si, grazas igualmente--HombreDHojalata 09:24, 16 de xullo de 2011 (UTC)

Seguimos borrando[editar]

Ola Carlos. Poderías borrar es redireccións listadas aquí? Grazas. [ Furagaitas * ] 11:18, 17 de setembro de 2011 (UTC)

Ábrese unha votación para a elección de administradores[editar]

Boas Xoán Carlos ! Desexando ca tùa ausencia dende fai meses non se deba a ningún problema persoal. Ábrese unha votación para a elección como administradores dos usuarios Furagaitas e Gallaecio que comeza o 7 de novembro e remata o 17 de outubro do 2011. Por outra banda, estamos facendo un debate para sacarlle os dereitos de administradores ao administradores inactivos, ise debate vai para todos antigos, ágas ti. Pareceme importante que as decisions que vanse coller teñan lexitimidade e para eso estaria ben ter o mais votos posibles. Ainda que, polo de momento non poidas editar (calquera que sexa a causa), agradeceriache moito que se poda contar con ti e que veñas a páxina de votación para a elección de Furagaitas e a páxina de votación para a elección de Gallaecio. Fai o que che pareza bén e/ou que poidas, xa sabés que non tes compromiso ningún, e sabes, que pase o que pase, sempre serás benvido e co meu aprecio telo para sempre. Permitome de mandarche tamén esta mensaxe por correo electronico. Saúdos cordiales --Elvire 23:04, 6 de novembro de 2011 (UTC)

Graciñas pola túa mensaxe Xoán Carlos. Entendote mui ben, e é por iso que eu, ao comezo pensaba pórte na lista dos inactivos, pero Furagaitas tivo a boa idea de non meterte niso. Agora vexo que resulta mui productivo, esta mui ben que sexades tres a minimo, xa que vas intentar pasar de vez en cando, e así non aproveitas da "facilidade" de que te saquemos nós D:. Nunca esquezas co de colaborar ten que ser un prazer, e polo que vexo eres un home tranquilo. Ata cando sexa Xoán Carlos. --Elvire 17:23, 7 de novembro de 2011 (UTC)

Equipo de administradores[editar]

Boas aos tres administradores activos, un saúdo de felicitacións para os dous novos, e de agradecemento para o "vello" ! Xa sabedes que administrador (igual que usuario) non é un contrato, digóo de comezo, para non volver a decilo e para cas outras cousas non vos semellen compromiso. Vades formar equipo e ainda que cada un traballe ao seu ritmo e no que mais lle gusta, alegróme moito que sexades tres activos. Naturalmente eu non me vou meter nos vosos acordos de equipo, só falo como usuaria da comunidade. Supoño que Furagaitas e Gallaecio van usar as ferramentas para mellorar technicamente o proxecto e polo tanto poderan axudar os usuarios que tamén queren traballar nise campo (non é o meu caso, pero pode ser o caso de usuarios que teñen coñecementos informaticos e que gustan diso). Sei que temos xa tarefas no pote, como o de ter unha Portada, e veño de ver que Furagaitas fala dun Taloreiro dos administradores (mui boa idea), pois eu, inda que non edite a cotia, nunca pasan mais duns días sen que pase dar unha ollada, e estarei atenta a todas propostas que faredes. Non vos digo nada mais, o 25 remato o traballo no que anduven iste mes e repitóo, estou contentissíma do resultado. Un saúdo de ánimo para os tres --Elvire 23:11, 18 de novembro de 2011 (UTC)

Ola Carlos. Bótalle unha ollada a isto. [ Furagaitas * ] 06:55, 20 de novembro de 2011 (UTC)

interwikis[editar]

Boas Xoán Carlos ! Os interwikis nos Wikidicionarios levan a regra igual que nas wikipedias de engagilos só si esisten nas outras linguas, pero a sugunda regra é diferente, non se engade en interwiki a traducción do artigo, engadese o titulo exacto do artigo, os interwikis de son son son D:. Ata outra --Elvire 22:53, 24 de novembro de 2011 (UTC)

Importar da Galipedia[editar]

Wiktionary:Taboleiro dos administradores#Importar da Galipedia

Graciñas, un saúdo e a seguir. --HombreDHojalata (conversa) 14 de setembro de 2013 ás 13:21 (UTC)

Estatus de tus permisos administrador en gl.wiktionary[editar]

¡Hola! En 2013, la comunidad adoptó por consenso una regla para eliminar los "permisos avanzados" (administradores, burócratas, bibliotecarios etc.). Para cumplir con la nueva política, los stewards están evaluando la actividad de los usuarios con estos permisos en las wikis sin una política de inactividad interna.

Puesto que no has realizado ediciones y no tienes acciones en el registro en la mencionada wiki en los dos últimos años cumples con los criterios globales de inactividad, que deben aplicarse en la ausencia de una política interna.

Si deseas mantener tus permisos, informa a la comunidad de la wiki de que has recibido este mensaje sobre tu inactividad. Si la comunidad, tras un debate, llega al consenso de que mantengas los permisos, por favor deja una solicitud en m:Stewards' noticeboard con un enlace a la página de discusión relevante.

Si prefieres renunciar a los permisos, responde aquí o en solicita la retirada de los permisos en Meta.

Si no hay ninguna respuesta después de aproximadamente un mes, los stewards procederán a remover tus derechos como administrador o burócrata. En casos ambiguos, los stewards evaluarán las respuestas y dejarán que la comunidad local los comente y revise. Si tiene alguna pregunta, por favor contacte los stewards. Rschen7754 9 de xullo de 2016 ás 05:53 (UTC)

Ben[editar]

Ola, aplicade as políticas xerais. Xa hai que non colaboro e administrador penso que xa non me corresponde. Con usuario ben lle chega. Saúdos e que medre (o Galizionario).