xunta

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «xunta».
  • Pronuncia: [ˈʃun.tɐ] (AFI)

xunta1

  • Etimoloxía: do adxectivo xunto.

Substantivo feminino


singular plural
xunta xuntas
  1. Reunión dun grupo de persoas para tratar un tema
  2. Grupo de persoas que dirixen, administran ou gobernan unha institución.
  3. Punto de unión entre dúas cousas.
  4. (Anatomía) Unión entre dous ósos.
  5. (Arquitectura) Cada unha das dúas superficies laterais dun perpiaño.
  6. (Arquitectura) Espazo entre as pedras ou ladrillos dun muro que está reenchido con cemento, xeso, argamasa ou outro material.
  7. (Tecnoloxía) Peza colocada nas unións dunha tubaxe ou outras partes para evitar o escape de fluídos.
  8. (Carro) Parella de animais que tira dun carro ou arado.

Véxase tamén

xunta2

Preposición

  1. Definición impropia: Indica proximidade física, normalmente con movemento cara ó punto de contacto cun obxecto estático.
  • Exemplo: Non quixo vir xunta min.

Sinónimos

Traducións

Observacións

Con pronomes, úsase seguido da forma átona en acusativo (forma oblicua).