Saltar ao contido

xordo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ʃoɾ.ˈðo̯/ (AFI)

Adxectivo

xordo
(ms: xordo; mpl: xordos; fs: xorda; fpl: xordas)

  1. (Fisioloxía) e (Medicina) Que padece unha perda de audición en maior ou menor grao.
    • Exemplo: Miña filla é xorda de nacemento.

  2. Que soa pouco ou sen timbre claro.
    • Exemplo: Escoitamos un ruido xordo. O son da campá xorda da ermita.

  3. Que é insensible á dor allea.
    • Exemplo: Non se compadece dos xordos.

  4. (Fonética) Dito dun son, que se articula sen vibración das cordas vocais.
  5. (Mariña) Dito da mar, que se produce en dirección diversa da do vento.

Observacións

Naacepción tamén ser usa como substantivo: este xordo sabe moito.

Termos relacionados

á xorda, diálogo de xordos, dor xorda, guerra xorda, lanterna xorda, lima xorda, mar xorda, mareta xorda, tabique xordo