padrón
Aparencia
Grafías semellantes: Padrón |
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués padron, do latín patrōnus.
- Pronuncia: /paˈðɾoŋ/ (AFI)
padrón (sg: padrón; pl: padróns)
- Listaxe dos habitantes dunha poboación.
- Termos relacionados: empadroamento, empadroar.
- Modelo que serve para facer algo semellante.
- Termos relacionados: padronista.
- Algo que se emprega como modelo para avaliar ou medir algo.
- (Economía) Elemento ao que se liga o valor dunha moeda.
- Termos relacionados: padrón ático, padrón ouro.
- Planta na que se enxerta outra.
- Sinónimos: enxerto, portaenxertos.
padrón (ms: padrón; mpl: padróns; fs: padroa; fpl: padroas)