terzo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar á navegación Saltar á procura

Galego

terzo (sg: terzo; pl: terzos)

numeral

  1. Parte que equivale á división dun todo en tres porcións iguais. (sinónimo: terceiro).
    • Exemplo: Solicitou un terzo das ganancias.

Substantivo masculino

  1. Cada unha das tres partes iguais en que se divide un todo.
    • Exemplo: O primeiro terzo do ano. Un terzo do soldo gástao na vivenda.
  2. Tipo de arrendamento de terras segundo o cal, nalgúns lugares, unha parte da colleita lle correspondía ao arrendatario e dúas ao dono, e, noutros, de catro partes, tres eran para quen s traballaba e unha para o dono.
    • Exemplo: Arrendar ao terzo.
  3. Viga paralela ao cumio.
    • Exemplo: Botar os terzos.
  4. (Exército) Rexemento da infantaría española dos séculos XVI e XVII.
    • Exemplo: Os terzos de Flandres.
  5. Cada unha das tres partes que se consideran na altura dun cabalo.
    • Exemplo: A primeira parte vai desde o casco ao xeonllo, a segunda, até o encontro e a terceira até a cruz.
  6. Cada un dos tres períodos que se consideran na carreira do cabalo.
    • Exemplo: As partes da carreira do cabalo son: arrincar, correr e parar.
  7. (Relixión) Cada unha das tres partes en que se divide o rosario.
  8. Fardo de tabaco en rama que pesa aproximadamente un quintal.
  9. Garrafa de cervexa cun terzo de litro de capacidade.
  10. (Pesca) Asociación dos mariñeiros e dos propietarios de barcos e redes dun porto, agrupados para o exercicio da pesca.
  11. (Exército) Cada un dos antigos batallóns ou corpos de tropas que gornecían as galeras.
    • Exemplo: Os terzos do Reino de Aragón a finais da Idade Media dominaban o Mediterráneo.
  12. (Exército) Certos corpos ou batallóns de infantería nos exércitos modernos.
    • Exemplo: Os terzos de Regulares de Ceuta.
  13. (Exército) Cada unha das divisións do instituto da Garda Civil.
    • Exemplo: O terzoda Garda Civil de Galicia está comandado por un xefe ou un xeneral.
  14. (Exército) Rexemento de infantería española dos séculos XVI e XVII.
    • Exemplo: Os terzos do século XVII eran herdeiros dos Terzos de Flandres.
  15. (Tauromaquia) Cada unha das tres partes en que se considera dividida a lida de touros.
    • Exemplo: O terzo de varas.

Substantivo feminino

terza (sg: terza; pl: terzas)

  1. Dito dunha parte, que é unha das tres iguais en que se divide un todo.
    • Exemplo: A terza parte.
  2. Tonel para o viño cunha capacidade entre douscentos e trescentos litros.
    • Exemplo: Este ano fixemos catro terzas de branco.
  3. Tonel pequeno para conservar algo.
    • Exemplo: Unha terza de arenques.
  4. (Relixión) Hora canónica do oficio divino anterior á sexta.
    • Exemplo: A terza rézase as nove da mañá.
  5. (Antigüidade) Na Antigüidade clásica segunda das catro partes iguais en que os romanos dividían o día.
    • Exemplo: A terza abarcaba desde a media mañá ata o fin do mediodía.