Saltar ao contido

espallar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /espaˈʎaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

espallar

  1. Distribuír algunha materia amontoada ou que forma un grupo sobre unha superficie.
  2. Facer que algo ocupe máis espazo ou chegue a máis xente ou sitios.
  3. Separar a palla do gran, ou a palla miúda da enteira.

Traducións


Verbo pronominal

espallarse

  1. Ocupar máis espazo, chegar algo a máis xente ou sitios.
  2. Estenderse cara a distintas direccións.

Conxugación