relixioso

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Open book 01.png Adxectivo

relixioso (ms: relixioso; mpl: relixiosos; fs: relixiosa; fpl: relixiosas)

  1. Pertencente ou relativo á relixión.
    • Exemplo: O Nadal é unha festa relixiosa.
    • Sinónimos: sacro.
  2. Que segue os preceptos dunha relixión.
    • Exemplo: A maioría dos habitantes de Indonesia son relixiosos.
    • Sinónimos: crente, practicante.

Traducións

Open book 01.png Substantivo

relixioso (ms: relixioso; mpl: relixiosos; fs: relixiosa; fpl: relixiosas)

  1. Persoa consagrada por medio duns votos relixiosos, especificamente os membros dunha orde relixiosa.
    • Exemplo: As relixiosas da Madre Teresa teñen a súa sé central en Calcuta.
    • Observacións: Cómpre salientar que os curas ou sacerdotes cristiáns non fan votos, polo que non son sempre relixiosos.
    • Termos relacionados: monxe/a, freire, frade, consagrado/a.

Traducións