Saltar ao contido

rabioso

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ra.'βjo.so̯/ (AFI)

Adxectivo

rabioso
(ms: rabioso; mpl: rabiosos; fs: rabiosa; fpl: rabiosas)

  1. Que ten a enfermidade da rabia.
    • Exemplo: Un can rabioso

      .
  2. Que está moi enfadado.
    • Exemplo: A comercinate está rabiosa porque na feira no vendeu case nada

      .
  3. Que é moi forte e apaixonado.
    • Exemplo: Teño un desexo rabioso de abrazala, hai anos que non a vexo

      .

Substantivo masculino

As dúas valvas do rabioso

rabioso
(sg: rabioso; pl: rabiosos)

  1. (Zooloxía) Especie de molusco bivalvo mariño pertencente á familia dos gliciméridos, Glycymeris glycymeris, con cuncha case circular, sólida, de valvas iguais, duns 6,5 cm de diámetro, de cor branca sucia e numerosas liñas castañas irregulares no dorso e que presenta liñas de crecemento moi finas.
    • Exemplo: O rabioso é un molusco pouco apreciado, de carne dura e pouco saborosa

      .