bivalvo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /biˈβalβo̝/ (AFI)

Adxectivo

bivalvo (ms: bivalvo; mpl: bivalvos; fs: bivalva; fpl: bivalvas)

  1. (Zooloxía) Dise dos moluscos que están provistos dunha cuncha calcárea composta por dúas valvas artelladas entre si por unha charneira. O mexillón, a ostra ou a ameixa son moluscos bivalvos; o caracol ou a peneira son gasterópodos.
  2. (Zooloxía) Que ten dúas valvas.
  3. (Zooloxía) Dise do froito que se abre en dúas valvas.

Traducións


Substantivo masculino

bivalvo (ms: bivalvo; mpl: bivalvos; fs: bivalva; fpl: bivalvas)

  1. (Zooloxía) Individuo dos bivalvos.

Traducións