pene
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Táboa de contidos
Galego
Etimoloxía: do latín pēnis, -is (cola dos cuadrúpedes).
Pronuncia: [ˈpɛ.nɪ] (AFI)
Substantivo masculino
pene (sg: pene; pl: penes)
- (Anatomía) Órgano copulador masculino, eréctil, situado na parte inferior do abdome, diante da sínfise pubiana, encargado de situar o seme na vaxina ou no colo do útero da muller; de forma cilíndrica, remata nun avultamento (o glande), e para posibilitar a súa erección está constituído por dous corpos cavernosos e un esponxoso (que contén a uretra) que se enchen de sangue na excitación sexual.
- Exemplo: Tiña descubertos os testículos e o pene.

Esquema do aparato reprodutor masculino:
1. vexiga urinaria; 2. óso pubiano; 3. pene; 4. corpo cavernoso; 5. glande; 6. prepucio; 7. uretra; 8. colon sigmoide; 9. recto; 10. vesícula seminal; 11. conduto exaculador; 12. próstata; 13, glándula de Cowper; 14. ano; 15. conduto deferente; 16. epidídimo; 17, testículo; 18. escroto.

Termos relacionados
Sinónimos
(populares)
(vulgares)
- caralla, carallo
- gaita
- minga
- maneto
- miñoca
- picha, pixa, pixo
- piroca
- pirola, pirolo
- pirinola
- pisquelo
- pistola, pistolo
- polla