Saltar ao contido

encargar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /eŋ.'kaɾ.ɣaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

encargar

  1. Poñer a alguén ao cargo de algo ou de alguén.
    • Exemplo: A señora encargoulle á criada o coidado dos nenos.

      .
  2. Mandar a alguén facer algo.
    • Exemplo: O capitán encargou ao seu asistente que lle limpase o despacho.

      .

Antónimos

desencargar

Verbo pronominal

encargarse

  1. Poñerse alguén ao cargo dunha persoa ou cousa.
    • Exemplo: Non te preocupes, das compras xa me encargo eu.