Saltar ao contido

parede abdominal

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Locución substantiva feminina

parede abdominal

  1. (Anatomía) Parede que circunscribe a cavidade abdominal e que está constituída, nas persoas, na súa cara anterior polos músculos recto abdominal e piramidal e as aponeuroses dos músculos oblicuo esterno, oblicuo interno e transverso; lateralmente polas fibras destes tres últimos músculos e, en parte, polos músculos ilíacos e os ósos da cadeira; e, na cara posterior, polas cinco vértebras lumbares, os piares diafragmáticos, os músculos psoas maior e menor e, parcialmente, polos músculos e ósos ilíacos.