Saltar ao contido

meridiano

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /me.ɾi.'ðja.no̯/ (AFI)

Adxectivo

meridiano (ms: meridiano; mpl: meridianos; fs: meridiana; fpl: meridianas)

  1. Relativo ou pertencente á hora do mediodía.
    • Exemplo: Sol meridiano. Temperaturas meridianas.

  2. Que é moi claro, moi grande ou moi luminoso.
    • Exemplo: Expresouse cunha claridade meridiana.

Termos relacionados

claridade meridiana.

Substantivo masculino

meridiano (sg: meridiano; pl: meridianos)

  1. (Astronomía) e (Xeografía) Cada un dos círculos imaxinarios que pasan polos dous polos da Terra.
    • Exemplo: O meridiano de Greenwich considérase o meridiano cero.

  2. (Astronomía) Círculo máximo da esfera celeste.

Termos relacionados

apartamento de meridiano, círculo meridiano.

Substantivo feminino

meridiana (sg: meridiana; pl: meridianas)

  1. (Xeometría) Liña de intersección dunha esfera, ou de calquera superficie similar, cun plano que pasa polo seu eixe.
    • Exemplo: Unha das partes do exercicio consistía en debuxar a meridiana dunha esfera.

Termos relacionados

altura meridiana, meridiano inferior, meridiano superior, plano meridiano, primeiro meridiano.