mensaxe

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «mensaxe».
Geheime Korrespondenz (Correspondencia secreta)
por Carl von Bergen
  • Pronuncia: /meŋ.'sa.ʃe̯/ (AFI)

Substantivo feminino

mensaxe (sg: mensaxe; pl: mensaxes)

  1. Conxunto de palabras dirixidas a alguén, de xeito oral ou por escrito, para comunicarlle algo.
    • Exemplo: O novo alcalde manda mensaxes cada día poila radio.

  2. Comunicación que envía alguén a outra persoa.
    • Exemplo: Mandei unha mensaxe á miña avoa anunciándolle unha visita

      .
  3. Conxunto de sinais, signos ou símbolos utilizados para unha comunicación, e o propio contido desa comunicación.
    • Exemplo: Tivemos que descifrar unha mensaxe moi complicada.

  4. Discurso público solemne do xefe do Estado ou dunha alta autoridade.
    • Exemplo: O presidente do Goberno enviou unha mensaxe á nación por televisión.

  5. Información enviada por correo electrónico.
    • Exemplo: Mandei unha mensaxe ao teléfono da miña muller dicíndolle que chegaría tarde a cear.

  6. Por extensión, sentido profundo revelado por unha obra intelectual ou artística.
    • Exemplo: A novela encerra unha mensaxe de amor.

  7. (Bioloxía) Sinal que, mediante mecanismos sobre todo bioquímicos, induce nas células ou nos organismos unha resposta determinada.
    • Exemplo: As hormonas son importantes transmisoras de mensaxes.

  8. (Lingüística) Conxunto de sinais, signos ou símbolos que son obxecto dunha comunicación.
  9. (Lingüística) Contido dunha mensaxe.

Termos relacionados

mensaxe da Coroa, mensaxe de voz, mensaxe electrónica.