solemne

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Adxectivo

  1. Que se celebra ou fai publicamente con pompa ou cerimonias extraordinarias.
    • Exemplo: Funeral solemne, misa solemne, procesión solemne.

  2. Formal, grave, firme, válido, acompañado de circunstancias importantes ou de todos os requisitos necesarios.
    • Exemplo: Compromiso solemne, declaración solemne, promesa solemne, xuramento solemne.

  3. Crítico, interesante, de moita entidade.
    • Exemplo: Ocasión solemne, plática solemne.

  4. Grave, maxestuoso, imponente.
    • Exemplo: Acto solemne.

  5. En sentido pexorativo, úsase para indicar a significación dalgúns nomes ou actos.
    • Exemplo: Solemne disparate.

Termos relacionados

solemnemente