fito
Aparencia
Grafías semellantes: fito- , ´-fito |
Galego
- Pronuncia: /ˈfito̝/ (AFI)
fito (ms: fito; mpl: fitos; fs: fita; fpl: fitas)
- Que está espetado no chan.
- Que está disposto de tal forma que non se move.
- Que ten pouco espazo entre os elementos que o forman.
- Sinónimos: fino.
fito (sg: fito; pl: fitos)
- Elemento normalmente pétreo cravado no terreo para indicar os límites dun terreo, ou a carón dun camiño ou estrada para sinalar distancias e lugares.
- Punto cara a onde se dirixe un proxectil ou a vista.
- Feito ou momento de importancia.
- Xogo consistente en darlle a un pau ou ferro cravado cunha peza de chumbo.