cravar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kɾa.ˈβaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

cravar

  1. Introducir un cravo ou outro obxecto rematado} en punta nun corpo ou nunha superficie.
    • Exemplo: Cravar puntas na parede. Cravoulle o puñal no peito

      .
  2. Fixar con cravos ou con outros obxectos aguzados.
    • Exemplo: Cravar un cadro na parede.

  3. Facer presión sobre un corpo cun un obxecto aguzado, de xeito que este quede introducido naquel.
    • Exemplo: Cravar a carne nun espeto. Cravárono nun pau.

  4. Introducir involuntariamente un obxecto rematado en punta nalgunha parte do corpo.
    • Exemplo: Ía por riba dunhas táboas e cravou unha punta nun pé.

  5. Fixar con intensidade os ollos, a vista, a mirada en algo ou en alguén.
    • Exemplo: Cravou os ollos naquel meniño e non deixaba de miralo

      .
  6. (Coloquial) Cobrarlle a alguén unha cousa demasiado cara.
    • Exemplo: Cravouno, iso non custa nin a metade.

Observacións

Verbo pronominal

cravar

    • Exemplo: O balón cravouse no enreixado

      .
    • Exemplo: Ao dar a volta cravóuselle un ferro nunha perna

      .

Observacións