Saltar ao contido

comprimido

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kom.pɾi.'mi.ðo̯/ (AFI)

Adxectivo

comprimido
(ms: comprimido; mpl: comprimidos; fs: comprimida; fpl: comprimidas)

  1. (Bioloxía) Dise de calquera órgano ou animal que, pola forma, parece ter sufrido unha presión lateral.
  2. (Ictioloxía) Dise do peixe que está aplanado lateralmente, como o linguado, o sargo ou a solla.

Substantivo masculino

comprimido
(sg: comprimido; pl: comprimidos)

  1. (Farmacia) e (Medicina) Porción de medicamento sólido obtido por comprensión dos seus compoñentes, reducidos a po, que se administra por vía oral.

Termos relacionados

aire comprimido, baño de aire comprimido, escopeta de aire comprimido