achegado
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de achegar.
- Pronuncia: /at͡ʃeˈɣaðo̝/ (AFI)
achegado (ms: achegado; mpl: achegados; fs: achegada; fpl: achegadas)
- Que está a pouca distancia no espazo ou no tempo.
- Que é da familia.
- Que posúe un vínculo importante.
- Sinónimos: íntimo.
achegado (ms: achegado; mpl: achegados; fs: achegada; fpl: achegadas)
- Persoa da familia.
- Persoa cun vínculo importante.
- Sinónimos: íntimo.
- Persoa que vive arrimada (en parella, sen casar).