Saltar ao contido

faba loba

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «faba loba».

Locución substantiva feminina

faba loba (sg: faba loba; pl: fabas lobas)

  1. (Botánica) Planta herbácea, anual, rubideira, de caules semierectos, ergueita, con talos fortes de até 1,6 m de altura, grosos, angulosos e lampiños. As follas son alternas, paripinnadas e compostas, con 1 a 3 pares de folíolos grandes, ovalados, non rematados en gabiáns. As flores preséntanse en acios de 2 a 8, sobre un pedúnculo común curto, con pétalos brancos manchados de violeta, púrpura ou negro.
  2. (Alimentación) (Botánica) Semente desta planta, comestíbel. É un legume de vaíña alongada, grande, de entre os 10 e os 30 cm de lonxitude, suculento e pubescente, ergueito, mouro na madurez. Dentro da vaíña dispóñense as sementes, de 2 a 6, grandes, ovaladas, deprimidas, e dispostas formando unha ringleira, de cor verde amarelada, e cun peso de un ou dous gramos.

Sinónimos

Nome científico

Traducións