desprender
Aparencia
Galego
Pronuncia: /des.pɾenˈdeɾ/ (AFI)
desprender
- Facer que algo quede solto ou deixe de estar atado, prendido ou suxeito.
- Separar unha cousa doutra á que estaba unida, adherida, pegada ou suxeita.
- Botar fóra de si, emanar, emitir ou despedir unha substancia, cheiro, calor, luz ou enerxía.
desprenderse
- Soltarse algo ou deixar de estar prendido, atado ou suxeito.
- Sinónimos: soltarse, ceibarse, desatarse
- Antónimos: prenderse, atarse, suxeitarse
- Termos relacionados: desprendemento, solto, caída
- Exemplo: Desprendéuseme a pulseira.
- Exemplo: A peza desprendeuse despois de varios anos de uso.
- Separarse unha cousa doutra á que estaba unida, adherida ou pegada.
- Sinónimos: separarse, despegarse, caer
- Antónimos: unirse, adherirse, pegarse
- Termos relacionados: separación, adhesión, desprendemento
- Exemplo: Desprendeuse o beirado da torre da igrexa.
- Exemplo: Co temporal, varias pedras desprendéronse do cantil.
- Saír ou ser expulsado algo desde un corpo, cousa ou lugar.
- Prescindir voluntariamente ou por necesidade dunha cousa, especialmente dun ben, dereito ou pertenza.
- Sinónimos: desfacerse, renunciar, prescindir, desbotar
- Antónimos: conservar, reter, gardar, manter
- Termos relacionados: renuncia, cesión, abandono, desprendemento
- Exemplo: Desprendeuse de todas as súas xoias.
- Exemplo: A familia tivo que desprenderse dunha parte das terras.
- (Figurado) Deducirse, inferirse ou resultar como consecuencia dunha cousa.
- Sinónimos: deducirse, inferirse, derivarse, tirarse
- Antónimos: contradicir, desmentir
- Termos relacionados: dedución, inferencia, consecuencia, conclusión
- Exemplo: Das súas palabras desprendíase unha actitude crítica co proxecto.
- Exemplo: Do informe despréndese que a situación é máis grave do previsto.
Termos relacionados
Traducións
1-2. Soltar ou separar unha cousa doutra
3. Emanar ou emitir
Pronominal. Soltarse, separarse ou saír despedido
Pronominal. Prescindir ou renunciar a algo
Figurado. Deducirse ou inferirse
Conxugación
Verbo regular da 2ª conxugación
| Infinitivo | desprender |
| Xerundio | desprendendo |
| Participio | desprendido, desprendida, desprendidos, desprendidas |
| 1 Vostede(s) |
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para desprender.
- «desprender» no DIGALEGO, Ir Indo.