Saltar ao contido

elefante

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
(Redirixido dende elefante africano)

Galego

  • Pronuncia: /ɛleˈfante̝/ (AFI)

Substantivo masculino

elefante (ms: elefante; mpl: elefantes; fs: elefanta; fpl: elefantas)

  1. (Zooloxía) Nome común das dúas especies actuais de mamíferos proboscídeos da familia dos elefántidos, o elefante africano, Loxodonta africana Blumenbach, e o elefante asiático, Elephas maximus Linné = E. indicus auct., de gran tamaño (até 4 m de altura e 7 000 kg de peso), coa cabeza grande, con grandes pavillóns auriculares (especialmente o africano), pescozo pequeno, extremidades columnares e característica trompa ou probóscide, prénsil, formada polo nariz e o labio superior, e rematada nun apéndice dixitiforme prénsil no africano e en dous no asiático. Teñen dous incisivos superiores moi desenvolvidos, impropiamente denominados defensas, e que empregan sobre todo para desenterrar bulbos e raíces, dos que se alimentan (ademais de de herba, follas e caules tenros).
Famila de elefantes africanos no Parque Nacional de Serengeti, África Oriental.
A trompa do elefante serve para case todo, mesmo para limpar os ollos.
Elefante africano macho na época da reprodución.
Adestramento de elefantes en Tailandia.
Unha elefanta asiática nun zoolóxico.

Traducións

Termos relacionados


Asturiano

Substantivo masculino

elefante (sg: elefante; pl: elefantes)

  1. (Zooloxía) Elefante.


Castelán

Substantivo

elefante (sg: elefante; pl: elefantes)

  1. (Zooloxía) Elefante.


Italiano

  • Pronuncia: /ele'fante/ (AFI)

Substantivo

elefante (sg: elefante; pl: elefanti)

  1. (Zooloxía) Elefante.


Portugués

Substantivo masculino

elefante (ms: elefante; mpl: elefantes; fs: elefanta/elefoa; fpl: elefantas/elefoas)

  1. (Zooloxía) Elefante.


Vasco

Substantivo

elefante

  1. (Zooloxía) Elefante.