raíz
Aparencia
Grafías semellantes: raiz |
Galego
- Etimoloxía: do latín radicem (radix, -icis), con síncope de oclusiva dental sonora intervocálica e fricativización de oclusiva velar xorda.
- Pronuncia: [raˈiθ] (estándar), [raˈis] (con seseo) (AFI)
raíz (sg: raíz; pl: raíces)
- Principio, causa ou orixe que fornece unha cousa ou no cal esta se basea.
- Parte inferior que substenta calquera cousa.
- (Bioloxía) Órgano das plantas, polo xeral soterrado, que serve para afincarse a planta ó solo do que mediante ela se alimenta. A raíz medra en dirección inversa ó talo.
- (Medicina) Sección dentaria dos vertebrados incrustada nos alvéolos.
- (Matemáticas) Cada un dos valores que pode posuír a incógnita dunha ecuación.
- (Matemáticas) Cantidade que, para lograr un número, debe ser multiplicada por si mesma unha ou máis veces.
- (Morfosintaxe) Conxunto de fonemas comúns que teñen as palabras dunha familia léxica regular.
Expresións
Traducións
- Castelán: raíz (es).
- Catalán: arrel (ca).
- Esperanto: radiko (eo).
- Francés: racine (fr).
- Inglés: root (en).
- Italiano: radice (it).
- Portugués: raiz (pt).
Castelán
raíz (sg: raíz; pl: raíces)
- Raíz.
Categorías:
- Galego
- Entradas en galego derivadas do latín
- Síncope de oclusiva dental sonora intervocálica
- Fricativización de oclusiva velar xorda
- Entradas en galego con etimoloxía
- Entradas en galego con transcrición fonolóxica
- Substantivos femininos en galego
- Bioloxía en galego
- Medicina en galego
- Matemáticas en galego
- Morfosintaxe en galego
- Castelán
- Substantivos femininos en castelán