cazador

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ka.θa.'ðor/ ou /ˈka.sa.'ðor/ (AFI)

Adxectivo

cazador (ms: cazador; mpl: cazadores; fs: cazadora; fpl: cazadoras)

  1. Dito dunha persoa, que practica a caza por oficio ou por diversión.
    • Exemplo: A dos suahili é unha tribo cazadora. A asociación de cazadores pediu á Xunta que propiciase a caza de xabaríns.

  2. Dito dun animal, que caza outros animais para alimentarse ou, no caso dos cans, para axudar aos cazadores.
    • Exemplo: O guepardo é o cazador máis veloz da sabana.

  3. Que ten boas calidades para a caza.
    • Exemplo: Meu can é un excelente cazador.

Substantivo

cazador (ms: cazador; mpl: cazadores; fs: cazadora; fpl: cazadoras)

  1. Persoa que practica a caza.
    • Exemplo: Os cazadores e as cazadoras da comarca reuníronse nunha cea.

  2. Persoa que busca algo ou a alguén con insistencia.
    • Exemplo: A película trataba dos esforzos dun cazador recompensas.

  3. (Exército) Soldado ou soldada que exerce o servizo nas tropas de infantaría lixeira.
    • Exemplo: É capitana dunha compañía de cazadores.

Substantivo feminino

cazadora (sg: cazadoras; pl: cazadora)

  1. Especie de chaqueta usada polo xeral para practicar a caza e outros deportes.
    • Exemplo: Levaba vinte cartuchos na cazadora.

  2. Especie de chaqueta curta de liña deportiva, feita de material resistente, como pano, coiro, etc.
    • Exemplo: Fachendosa, presentouse na reunión coa súa nova cazadora de coiro.