afixo
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /aˈfikso̝/ (AFI)
afixo
- (Morfosintaxe) Partículas que se antepoñen (prefixos) ou pospoñen (sufixos) aos elementos básicos das palabras para modificar o seu significado, ben gramatical (afixos flexivos), ben léxico (afixos derivativos). Estes permítennos aumentar o número de palabras cun esforzo mínimo. Algúns autores reservan o termo afixo para os morfemas derivativos e utilizan o termo desinencia para referirse a tódolos morfemas flexivos.
- (Matemáticas) Número complexo e o punto que o representa nun plano complexo.
Traducións
- Castelán: afijo (es).
- Catalán: afix (ca).
- Francés: affixe (fr).
- Grego: παράθημα (el).
- Inglés: affix (en).
- Polaco: afiks (pl).
- Portugués: afixo (pt).
- Ruso: аффикс (ru).