Saltar ao contido

tributo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /tri.'βu.to̯/ (AFI)

Substantivo masculino

tributo (sg: tributo; pl: tributos)

  1. Cantidade que o cidadán paga para contribuír á facenda pública.
    • Exemplo: O encargado de cobrar os tributos é o Ministerio de Facenda.

  2. (Historia) Contribución en diñeiro, especies ou servizos que un súbdito debía pagar, na Idade Media, ao seu señor, ao rei ou á Igrexa.
    • Exemplo: A chamada loitosa era un tributo que se pagaba cando morría o súbdito.

  3. (Figurado) Sentimento de admiración, respecto, cariño ou agradecemento para alguén.
    • Exemplo: Rendéronlle un último tributo no funeral. Recibide isto como tributo da nosa vella amizade pola vosa familia.

  4. (Figurado) Carga ou obriga que se debe pagar ou soportar a cambio de gozar de algo.
    • Exemplo: A tensión é o tributo dos tempos modernos.

  5. (Figurado) Aquilo que se sofre por razóns morais, de deber, etc.
    • Exemplo: A vida sempre acaba cobrando o seu tributo.

Observacións

Naacepción seu siónimo é imposto.