Saltar ao contido

luminoso

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /lu.mi.'no.so̯/ (AFI)

Adxectivo

luminoso
(ms: luminoso; mpl: luminosos; fs: luminosa; fpl: luminosas)

  1. Relativo á luz.
    • Exemplo: Fluxo luminoso.

      .
  2. Que emite ou reflicte luz.
    • Exemplo: Os faros da costa son estruturas luminosas.

      .
  3. Que ten a natureza da luz.
    • Exemplo: Raio luminoso.

      .
  4. (Figurado) Que ten moita claridade natural.
    • Exemplo: Temos un piso moi luminoso.

      .
  5. (Figurado) Que é agradábel, alegre, vivo.
    • Exemplo: A rapaza ten un sorriso luminoso.

      .
  6. (Figurado) Dito de unha idea, explicación, ocorrencia, etc., que é brillante ou moi clara.

Termos relacionados

conataminación luminosa, cor do espectro luminoso, espectro luminoso, fluxo luminoso, intensidade luminosa, onda luminosa