corvo grande
Aparencia
Galego
corvo grande (sg: corvo grande; pl: corvos grandes)
- (Ornitoloxía) Ave paseriforme da familia dos córvidos, Corvus corax Linné, de gran tamaño (até máis de 65 cm), plumaxe totalmente negra, irisada, coas plumas da gorxa hirsutas e a cola en forma de cuña; o peteiro é groso, negro. Vive na Península Ibérica e en case toda Europa, incluída Islandia, faltando en cambio en gran parte de Francia e na Europa central. En Galicia é pouco común, sendo máis frecuente no litoral, en acantilados, que na montaña.