córvidos
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Galego
Etimoloxía: do latín científico Corvidae, de corvus (corvo) + -idae.
Pronuncia: /ˈkɔɾβidos/ (AFI)

Corvo común, Corvus corone.

Pega común, Pica pica.

Pega azul, Cyanopica cyanus.
Substantivo masculino plural
córvidos
- (Ornitoloxía) Familia de aves paseriformes de tamaño mediano ou grande, bico xeralmente forte e alongado, algo curvado no extremo, ás longas e acabadas en punta, patas robustas e plumaxe brillante, normalmente de tonalidades escuras; o seu réxime alimentario é omnívoro. Comprende 32 xéneros con algo máis de 100 especies distribuídas por todo o mundo, agás as zonas polares, o cono sur do continente sudamericano e Nova Celandia. Os xéneros máis coñecidos son Corvus (os corvos e algunhas grallas), Pica (a pega común), Cyanopica (a pega azul) e Pyrrhocorax (as grallas ou choias).
Termos relacionados
Traducións
- Alemán: Rabenvögel (de)
- Castelán: córvidos (es)
- Catalán: còrvids (ca)
- Francés: corvidés (fr)
- Inglés: Corvidae (en)
- Italiano: corvidi (it)
- Portugués: corvídeos (pt)

Gralla de bico vermello, Pyrrhocorax pyrrhocorax.
Gaio, Garrulus glandarius.