corvo común
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Galego
Locución substantiva masculina

Corvo común, Corvus corone.

Detrás, Corvus corone corone e, diante, Corvus corone cornix. Debuxo da época en que se consideraban subespecies de Corvus corone.
corvo común (sg: corvo común; pl: corvos comúns)
- (Ornitoloxía) Ave paseriforme da familia dos córvidos, Corvus corone Linné, de 47 cm de lonxitude, plumaxe totalmente negra, lustrosa, con peteiro robusto, tamén negro, e cola rectangular, que vive en Europa central, na Gran Bretaña e en toda a Península Ibérica. En Galicia é moi común, sobre todo en campos cultivados con árbores, e en esteiros e marismas.
- Sinónimos: corvo viaraz.
Observacións
- Até hai poucos anos, o corvo común clasificábase como Corvus corone corone, unha das subespecies que se diferenciaba doutra subespecie europea, Corvus corone cornix, distribuída por Europa oriental e sudoriental, países nórdicos, Islandia, norte de Escocia e Italia, e que pode chegar como divagante á Península Ibérica, en que esta última ten a plumaxe cinsenta no dorso, no peito e nas partes inferiores, coa cabeza, ás, patas e cola negras, polo que recibe o nome de corvo cinsento, e hoxe está considerada como unha especie á parte.