Saltar ao contido

corvo grande

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
(Redirixido dende corvo carnazal)

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «corvo grande».

Locución substantiva masculina

corvo grande (sg: corvo grande; pl: corvos grandes)

A plumaxe do corvo grande, cando lle dá o sol, pode amosar irisacións azuis ou purpúreas.
Nesta foto vense moi ben as plumas hirsutas da gorxa deste corvo grande grallando.
  1. (Ornitoloxía) Ave paseriforme da familia dos córvidos, Corvus corax Linné, de gran tamaño (até máis de 65 cm), plumaxe totalmente negra, irisada, coas plumas da gorxa hirsutas e a cola en forma de cuña; o peteiro é groso, negro. Vive na Península Ibérica e en case toda Europa, incluída Islandia, faltando en cambio en gran parte de Francia e na Europa central. En Galicia é pouco común, sendo máis frecuente no litoral, en acantilados, que na montaña.

Sinónimos

Termos relacionados

Traducións