casca
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de cascar.
- Pronuncia: /ˈkaska/ (AFI)
casca (sg: casca; pl: cascas)
- Envoltura ou codia, máis ou menos dura e coriácea, de certos froitos (abelás, améndoas, castañas, noces, etc.).
- Cuberta exterior das árbores.
- Cuberta exterior dos ovos das aves.
- Pel que cobre a pataca e algúns froitos (mazás, peras, laranxas), plátanos, etc.
- Vaíña do legume, ou froito das leguminosas (fabas, chícharos, garavanzos, lentellas, etc.), que encerra as sementes.
- Exoesqueleto ou caparazón dos crustáceos.
- Termos relacionados: cacho.
- Cuncha dalgúns moluscos.
- Pel dun animal.