envoltura
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /em.bol.'tu.ɾa̯/ (AFI)
envoltura
(sg: envoltura; pl: envolturas)
- Capa exterior que cubre algo de forma natural ou artificialmente.
- Conxunto de panos, mantas e outras teas con que se envolve aos nenos na súa primeira infancia.
- (Informática) Perfil imaxinario que pecha un obxecto en aplicacións de deseño ou de retoque fotográfico.
- (Figurado) Aspecto ou aparencia exterior de algo ou de alguén detrás do cal se esconde o real, que adoita ser distinto ou mesmo oposto.