carril
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín vulgar carrile, neutro de carrīlis, 'relativo ao carro', e este derivado do latín carrus, 'carro'.
- Pronuncia: /'ka.ril/ (AFI)
- Marca de certa profundidade que deixa a roda dun carro ou doutro medio de transporte nun camiño.
- Abertura que se fai nun valo ou nun muro dunha leira para dar paso aos animais, ás persoas e aos carros.
- Cada unha das dúas barras de aceiro dispostas en paralelo e unidas que constitúen unha vía de tren ou de tranvía.
- Parte dunha estrada, limitada xeralmente por unha banda lonxitudinal no chan, que está destinada á circulación de vehículos nun determinado sentido.