código

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar á navegación Saltar á procura

Galego

  • Pronuncia: /ˈkɔ.di.ɡo̯/ (AFI)

Substantivo masculino

código (sg: código; pl: códigos)

  1. (Dereito) Conxunto de normas legais que regulan unha materia determinada.
    • Exemplo: O Código civil.
  2. (Dereito) Recompilación sistemática de diversas leis.
    • Exemplo: Afonso X O Sabio ditou o código das sete partidas.
  3. Conxunto de normas que regulan un dominio ou aspecto determinados.
    • Exemplo: O código de circulación.
  4. Combinación de letras, números ou outros caracteres que ten un determinado valor nun sistema establecido.
    • Exemplo: O código dunha tarxeta de crédito.
  5. Sistema de signos e de regras que permite formular e comprender mensaxes.
    • Exemplo: Código secreto. Código lingüístico. Os ingleses, na Segunda guerra mundial, lograron descifrar o código dos alemáns.
  6. Conxunto de regras sobre calquera materia.
    • Exemplo: Un código de boas maneiras nas reunións sociais.
  7. (Informática) Sistema de símbolos con que se representa a información que vai ser tratada polos ordenadores.
    • Exemplo: Código binario.

Termos relacionados