acetábulo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «acetábulo».

Substantivo masculino

Vista anterior da articulación da cadeira humana, lado dereito. O ligamento da cápsula articular removeuse para facilitar a visión. O acetábulo está no centro.
Polbo, Octopus vulgaris. Cando amosa a súa parte inferior, pódense ver moi ben as dúas fileiras de ventosas ou acetábulos das súas oito patas.
  1. (Anatomía) Cótilo do óso ilíaco, que recibe a cabeza do fémur na articulación coxofemoral.
  2. (Anatomía) Por extensión, calquera cavidade cotiloide.
  3. (Bioloxía) Calquera articulación, órgano, orgánulo ou cavidade en forma de cunca larga e de pouco fondo.
  4. (Micoloxía) Receptáculo esporífero dos fungos.
  5. (Zooloxía) Escavación dunha cuncha ou dun polípero, na que o animal está fixado.
  6. (Zooloxía) Cavidade na parte externa do tórax dos insectos onde se insire a pata traseira.
  7. (Zooloxía) Ventosa dos moluscos cefalópodos.
  8. (Zooloxía) Ventosa posterior dos vermes hirudíneos, como as samesugas.
  9. (Zooloxía) Cavidade na proglote das tenias parasitas do home, que actúa como ventosa.
  10. (Zooloxía) Ventosa que forman as aletas pectorais dalgúns peixes, como os gobiesócidos ou peixes lapa.
  11. (Zooloxía) Estrutura lobular que presenta a placenta dos ruminantes.

Traducións