Saltar ao contido

parasito

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «parasito».
  • Pronuncia: [pa.ɾaˈsi.tʊ] (AFI)

Adxectivo

parasito (ms: parasito; mpl: parasitos; fs: parasita; fpl: parasitas)

  1. (Bioloxía) Dise dun organismo vexetal ou animal que vive á custa doutro de distinta especie, alimentándose das substancias que este elabora e ás veces prexudicándoo, producíndolle ou non dano e lesións. Clasifícanse en endoparasitos e ectoparasitos, segundo habiten no interior ou exterior dos seus hospedeiros.
  2. Dise dun ruído que afecta ou perturba as transmisións radioeléctricas.
  3. (Figurado) Dise dunha persoa que vive ociosa a expensas doutras.

Observacións

  • Tamén se emprega como substantivo masculino.

Termos relacionados

Traducións