Saltar ao contido

polípero

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo masculino

polípero (sg: polípero; pl: políperos)

  1. (Zooloxía) Masa de natureza calcaria, xeralmente ramificada, producida polos pólipos dunha mesma colonia de antozoos e na cal están implantados aqueles. A súa acumulación en cantidades moi grandes chega a formar nos mares tropicais arrecifes e mesmo illas de considerábel extensión.
    • Exemplo: Cos políperos dos corais fanse xoias.